|
|
|||||||||
|
|
|||||||||
O día 13 de
maio fixemos unha visita ó Pazo de Exposicións de Ourense para participar
no programa de Educación Vial do Concello de Ourense.
Os nenos
que participaron foron os de segundo e terceiro ciclo de E. Primaria.
Coma
tódolos anos que levamos participado, a motivación inicial dos alumnos
para realizar esta actividade é sensacional. Grazas ó
bo facer e
profesionalidade dos monitores que nos atenderon as expectativas de que
partiron os nenos víronse superadas.
|
|||||||||
Os
nenos/as tiveron un primeiro contacto coas pistas de circulación que
consistiu nunha exposición teórica de como deberían resolver as distintas situacións de circulación que se ían atopar ó circular por elas. |
|||||||||
Unha
vez que xa coñecían o circuito, pasaron a unha primeira fase práctica que
consistiu en circular polo circuito
en bicicleta resolvendo correctamente as diferentes
situacións de circulación que ían xurdindo. Se o facían mal, eran informados
polos monitores do erro cometido, para intentar non cometelo posteriormente. |
|||||||||
Unha
vez que pasaron tódolos alumnos/as polas bicicletas, fixeron o mesmo
circuíto con cars de gasolina e eléctricos, resultando ser para todos unha
experiencia única e inolvidable. Tivemos algún piloto que se fixo o remolón
para non montar nos coches, pero ó final o poder de persuasión dos monitores
coseguiron que todos andiveran nos coches polo circuíto. Incluso chegaron a
montar algúns dos mestres que disfrutaron tanto ou máis cos seus alumnos.
|
|||||||||