Arriba
Características
Alimentación
Hábitat
Reproducción
Fotos

O seu nome científico é ciconia ciconia e pertence a orde das ciconiiformes da familia das ciconiidas. O seu nome en castelán é "cigüeña blanca" aínda que tamén se coñece polo nome de cegoña común.

De porte maxestosa e gran lonxitude a cegoña empeza a ser un dos animais máis característicos da primavera ourensá. Está considerada como un paxaro de "bo agüero", portador de boas novas e símbolo do nacemento dos fillos.
Guiados por técnicos de Medio Ambiente e coa colaboración de Protección Civil, fixemos unha visita a un niño de cegoñas que foi construído a uns tres quilómetros do colexio. A saída foi no mes de maio, cando as crías da cegoña estaban a piques de abandonar o niño. Os guías que nos atenderon eran unhas persoas amabilísimas e ben preparadas que nos aportaron a meirande parte da información que aquí ofrecemos e nos fixeron gozar dunha xornada única.