Arriba
Características
Actividades
Fotos

Na visita que fixemos ó Parque realizamos as seguintes actividades:

Visita ó Centro de interpretación de Lobios, onde tivemos o primeiro contacto co Parque a través dos murais que tiñan expostos e dunha película que vimos na sala de conferencias, comentada por Jesús Blanco González-Viso.
Fixemos a ruta dos muíños do río Caldo, comentada por técnicos de Medio Ambiente, na que tivemos contacto coa flora e fauna da zona. Nesta andaina tamén observamos en situ o funcionamento dun muíño de auga e o xeito en que os antepasados do lugar conseguían o mel e a cera das abellas.

Comemos nos arredores das Caldas de Lobios, lugar no que se atopa un moderno Balneario.

Fiemos outra andaina na que visitamos os restos dunha aldea romana, e unha impresionante fervenza dun regato que desemboca no río Caldo.