Arriba
O noso Plan de autoprotección consta dos seguintes apartados:
  • Obxectivos xerais.
  • Análise de riscos no centro.
  • Planos do centro.
  • Instalacións xerais con risco.
  • Medios dispoñibles.
  • Diseño de evacuación .
  • Equipos, competencias e actuacións.

Fotos do simulacro de incendio.

Pronto poderedes ver o Plan de Evacuación completo nesta sección.

Consignas ós alumnos:
 
-         Cada grupo actuará sempre seguindo as ordes do seu profesor, nunca por iniciativa propia.
-         Non deberán recolle-los seus obxectos persoais,para evitar obstáculos e tardanzas.
-         O alumnado que se atope nos aseos ou outra dependencia fóra da aula, deberá incorporarse con rapidez ó seu grupo.
-         Os alumnos que se atopen fóra da planta na que está a súa aula deben incorporarse rapidamente ó grupo máis próximo ó que se atope para saír.
-         Tódolos movementos serán rápidos pero ordenados, sen correr,atropelar nin empurrar.
-         Non se deben deter xunto ás portas de saída, irán cara o punto de encontro.
-         Realizarán a evacuación en silencio, con sentido da orde e axuda ós demais.
-         Respetarán en todo momento o material e equipamento escolar.
-         Se se atopa algún obstáculo na saída, será retirado para evitar caídas.
-         En ningún caso o alumno debe volver atrás, sexa cal sexa o pretexto.
-         O grupo debe permanecer sempre xunto, sen adiantar ós outros grupos, tamén no punto de encontro, para facilitarlle o control ó profesor.