DÍA DA PAZ 2004


debuxos, Obra de teatro, Canción, Voltar páxina principal


     
     
     
     
   
     
   
     

 INICIO DA PÁXINA

A BOMBA ATÓMICA

PERSONAXES:

Átom1; Átomo 2; Átomo 3; Átomo 4; Átomo 5.

Público 1; Público 2;

Público 3 ; Público 4

O Xeneral

Señorón 1 ; Señorón 2; Señorón 3 ; Señorón 4

Cidadáns.

 

ESCENA 1ª

No escenario aparecen os cinco átomos a saudar ó público.

 

ÁTOMO 1º ( Saudando) ¡ Bos dias, queridos amigos e amigas! Nós somos  un grupo  de átomos que escapamos dunha bomba atómica.

Os átomos quedan en silencio observando a reacción do público. Deixan pasar uns segundos....

 

ÁTOMO 2º Estou mirando para vós e paréceme adiviñar o que estades pensando: “ Estes non son átomos .Son un grupo de atolados.”

 

ÄTOMO 3º( Dirixíndose ó compañeiro)Pois ben mirado , algo de razón poden ter. Atolados , atolados...Temos que recoñecer que somos un pouco raros¿ non? ( mirando cara os seus compañeiros)

 

ÁTOMO 1º Un pouco raros si somos . ¡ Mira ti que escapar dunha bomba atómica! ¡A quen se lle conte!

 

ÁTOMO 4º( Dirixindose o público)Escapar dunha bomba atómica , algo que sempre haberá que celebrar ..

 

ÁTOMO3º Quedamos moi contentos despois de deixar a aquel Xeneral Xeneralisimo sen a súa guerra atómica.

 

ÁTOMO 2º Ainda estou vendo a cara de parvo que lle quedou cando as bombas atómicas non estouparon.

 

ÁTOMO 1º Estabamos moi satisfeitos e decidimos  compartir a nosa alegria con tódolos átomos  do mundo. E por iso estamos aquí con vós.

 

ÁTOMO 4º( Dirixindose os outros átomos)¿ Acordádesvos daqueles señoróns que vendian armas atómicas?

 

ÁTOMO3º Cando comprobaron que as bombas non estoupaban comenzaron a morder e a tragar os puros que estaban a fumar , e berraban : ¿Traizón , traizón frude , fraude que nos devolvan os cartos!

 

Os átomos escachan coa risa..De súpeto , de entre o público , levántase un e diríxese ós átomos

 

PÚBLICO 1º ¿ Pero que estades a contar? ¿ Qué é iso do Xeneral Xeneralísimo e duns Señoróns tragandose puros e dunhas bombas atómicas que non estoupan?

 

ÁTOMO 2º ¿ Queredes coñecer toda a nosa historia?

 

PUBLICO1,2,3,4Si si contádea.

 

ÁTOMO1º Ponédevos cómodos. Vai contarbola este compañeiro.

 

ÁTOMO5º ¿ Ola familia unida! ¿ Cómo vos vai pola vida? Bos dias átomos pais e nais. Bos dias , átoms fillos . Bos dias átomos fillas.

 

PÚBLICO 2º ¿ Porque nos chamades átomos? Eu chámome Paquiño.

 

ÁTOMO 5º Está ben Paquiño . Pero ti e tódalas persoas que estades aí sentadas sodes da nosa familia, ainda que as aparencias poidan enganar un pouquiño...

 

 

PÚBLICO 2º ¿ Somos da vosa familia?

 

ÁTOMO 2º Si muller, si.Todos e todas somos átomos da mesma familia. Teño que recordarvos unha cousa :¿qué o mundo está cheo de átomos! Todo está feito de átomos.Por iso todos pertenecemos , dalgunha maneira, á mesma familia.

 

PÚBLICO 3º A mestra dixo o outro dia que os átomos son moi cativiños.

 

PÚBLICO 4º E cando se xuntan , forman moléculas.

 

ÁTOMO 3º Certo , moi ben explicado. E as moléculas forman tódalas cousas que coñecemos .

 

ÁTOMO 4º Todos estamos feitos de átomos .

 

ÁTOMO 5º Cando os átomos viven xuntos en harmonia, todo funciona marabillosamente. A vidas baséase nesta Harmonia...

 

ÁTOMO 1º Pero cando alguén rompe un átomo...¿ É terrible! Cando alguén rompe un átomo , os anacos vólvense tolos e golpean furiosos a outros átomos , e comenza todo a estoupar e a morrer.

 

( Os átomos simulan chocar uns cos outros e  e berran como se estoupase

)

ÁTOMO 3º Eche ben certo. Cando alguén rompe  un átomo  ocorre unha explosión terrorífica é a morte atómica.

 

ÁTOMO 5º E aquí comenza a nosa  verdadeira historia. Nós  , como diciamos ó principio, somos un grupiño de amigos átomos que andamos este ano por libre contando a todo o mundo unha historia que nos pasou cun xeneral Xeneralisimo . Non vos vaiades, eh!

 

( Os átomos quedan inmóbiles mentres cae o pano)

 

ESCENA 2ª

(Na escea ten que aparecer unha bomba  , cun gran letreiro : Bomba Atómica.  No interior da bomba está o grupo de átomos .)

 

ÁTOMO1º : ¡ Non hai dereito! ¡ Mira que meternos aquí , nunha bomba!

 

ÁTOMO2º: ¡ Eu non aguanto máis! ¡ Eu escapo!

 

ÁTOMO 3º : Eu non quero explotar , nin quero matar a ninguén ...

 

ÁTOMO 4º : ¡ Chist! ¡ Calade que ven o Xeneral!

 

( Os átomos anicanse e quedan como durmidos.)

 

XENERAL : (Atravesa o escenario , cheo de galóns e medallas, fretando as mans e dando palmadas na súa barriga): O meu arsenal de bombas atómicas está case completo . En canto teña unhas poucas máis , farei estoupar unha  magnífica guerra, unha guerra guerrísima ...

 

( O xeneral ri e marcha)

 

ÁTOMO 1º : Temos que actuar xa . Este xeneral está tolo.

 

ÁTOMO 2º : Eu non me resigno a ficar aquí pechado. ¡Temos que escapar desta bomba e ir falar cos átomos das outras bombas!

 

ÁTOMO 5º : Si. Temos que facelo asiña , porque este xeneral está apunto de desencadear a guerra.

 

ÁTOMO4º : E vai ser terrible....Van morrer moitos nenos e nais, e pais , moitos gatiños, moitos paxariños....Todo o mundo

 

ÁTOMO 2º : Vanse destruir paises enteiros  . Onde hoxe hai casiñas brancas con tellados vermellos e árbores verdes ó redor  ...só quedará un horrible burato todo queimado.

ÁTOMO 3º : ¡ Temos  que rebelarnos e escapar da bomba!

 

(Volve o xeneral cun grupo de señoróns gordos, fumando uns grandes puros )

 

 SEÑORÓN 1º : Temos gastado un monte de cartos para facer as bombas , e non debemos esperar a que se enferruxen

.

SEÑORÓN 2º: Meu señeral.¡ Ten vostede que declarar a guerra xa!

 

SEÑERAL : Si, si. Iso está feito . Teño que comezar a guerra xa. E así chegarei  a ser Xeneral Xeneralísimo.

 

SEÑORON 3º : Imos logo declarar a guerra guerrísima para o noso xeneral xeneralísimo.

 

SEÑORÓN 1º: ¡ Vivan os cartos cartísimos que imos gardar na nosa carteira carteirísima!

 

SEÑORÓNS 1,2,3,4: ¡ Viva a  guerra guerrísima!  ¡ Viva a guerra guerrísima!

 

(Quedan nun lado do escenario a besbesellar.)

 

ÁTOMO 1º: Compañeiros ¡ Veña lixeiro imos avisar os demais.!

Todolos átomos van escapando da bomba.

 

XENERAL: Está ben farei unha guerra moi grande, pero antes vou botarlles un discurso os cidadáns do meu país.

 

SEÑORÓN 3º Moi ben , ¡ e que sexa moi patriótico!

 

XENERAL (Ponse no medio do escenario , cara ó público , ponse a ler un bando ): Queridos parvos e parvas da miña nación : este é un día de gloria para min que son un xeneral xeneralísimo capaz  de matalo todo en menos que canta un galo inimigo . ¡ Ah ¡ ¡ Qué poder de destrucción tan maravilloso teño! ¡ Bombas ¡ ¡ Bombas!

 

O xeneral e os señoróns póñense a tirar unhas bombas pequenas que levan escrito en letras grandes bombas atómicas , pero ningunha estoupa.

 

XENERAL: ¡ Traizón ¡ , ¡ Traizón ¡ ¿ Quén me estragou as bombas?

 

SEÑORÓN 1º : ¡ Estas bombas non funcionan! ¡ Vostede enganounos ¡

 

 SEÑORONS: ¡ Fraude ¡, ¡ Fraude!

 

 Os señoróns fan que baten o xeneral e perségueno escapando do escenario.A continuación entran tódolos átomos pacifistas collidos da man berrando.

 

ÁTOMOS: ¡ Cidadáns! ¡ Saíde dos refúxios! ¡ Vinde, vinde , cidadáns que as bombas están baleiras!

 

Aparecen os cidadans con flores. Cada un vai cara unha bomba baleira e utilízaa como un floreiro.

 

CIDADANS: ¡ Viva, non houbo guerra! ¡ Viva non houbo guerra!

E toda a xente canta e baila , xunto cos átomos.

 

ÁTOMO 1º: ( Dirixíndose o público): E así foi como acabou aquela guerra, que non foi guerra gracias á nosa rebelión.

 

ÁTOMO 2º : E por iso andamos a comtar esta historia por todo o mundo .Para que a xente se poña en contra da guerra e dos fabricantes de guerras.

 

PÚBLICO1º : ¿ E que foi do xeneral xeneralísimo?

 

ÁTOMO 3º : Pois como xa non había máis guerras quedou sen traballo. E para aproveitar o seu uniforme cheo de galóns e de medallas fíxose porteiro dun hotel de 14 estrelas .

 

ÁTOMO 1º : Pero era bastante burro e o único que sabía dicir cando aparecían os turistas era: ¡ Firmes! ¡ Ar!

 

ÁTOMO 2º : E a xente cabreábase con el porque non ía coller as maletas. E berrábanlle : ¨¡ A ver , medallón , deixa de  facer o xeneralísimo e colle as maletas! ¡ Tería que darche vergonza! ¡ Neste hotel de 14 estrelas o servicio é moi malo!¨.

 

ÁTOMO 3º : E o xeneral xeneralísimo púñase moi colorado . Pero seguía berrando¡ Firmes, ar! Porque era o único que sabía facer.

 

ÁTOMO 1º: Agora xa coñecedes a nosa historia . Nós temos que seguir polo mundo adiante contándoa. A ver se entre todos somos quen de acabar coas guerras, cos vendedores de guerras , cos exércitos  e cos xeneralísimos dos exécitos . ¡ Deica logo!

 

( Soa unha música alegre mentres cae o pano.)

 

INICIO DA PÁXINA

TEÑO , TEÑO, TEÑO

 

Teño un video , teño un coche

teño un piso e algo maís

teño todo o que uero

pero moita soidade.

 

Eu non teñ tantas cousas

nin sequera teño pan

teño frio no inverno

que no verán xa se me vai.

 

¿ Qué é a fame? ¿ Qué é o frio?

eu non coñezo ese mal

quixera ter amigos

pero non sei onde están.

 

Se ti queres compartimos

eu o amigo , ti o pan

e seremos moi felices

ti con menos e eu con maís

 

CANCIÓN

 

                   SOMOS CIUDADANOS DEL MUNDO

 

Somos ciudadanos del mundo

Que busca el sueño de una paloma

Somos coraciones abiertos

Sedientos de tu amor

 

 

Por eso estamos aquí laralala

Conmigo puedes contar laralala

Y dejaré mi equipaje a un lado 

Para tener bien abiertas las manos

Y el corazón lleno de paz ( BIS)

 

   CANCIÓN: COLOR ESPERANZA

 

Se que hay en tus ojos

con solo mirar

que estás cansado

de andar y de andar

y caminar

girando siempre en un lugar.

 

Se que las ventanas

se pueden abrir

cambiar el aire

depende de ti

te ayudará

vale la pena una vez más

 

Saber que se puede

quere que se pueda

quitarse los miedos

sacarlos afuera

pintarse la cara

color esperanza

tentar al futuro

con el corazón

 

INICIO DA PÁXINA