ACTIVIDADES DE PLÁSTICA
Introducción Educación Infantil Obxectivos Materiais Realización Páxina principal
Despois da Semana da Prensa e da lectura que os/as alumnos/as fixeron dos sornáis ¿Qué facemos con eles?. A resposta é ben sinxela: ou teralos ou reciclalos. Nos optamos por esta última e imos RECICLAR.
Para iso imos facer distintas actividades para Educación Infantil e para os tres ciclos de E. Primaria. E este é o resultado



O ceo pintarémolo con témpera azul e branca (se o fondo é de papel branco xa non se necesita a cor branca para rebaixar o azul do ceo). Para elo botaremos sobre a esponxa húmida unha pinga de pintura azul e despois con pequenos toques e xiros da muñeca obteremos o efecto de “atmósfera”.

O neno, sen debuxar, irá rasgando coa súa man o papel dándolle a forma do obxecto que quere facer: unha árbore, un coche, unha ponte, un río, un tren, unha casa, o sol, etc.
Unha
vez que teñen as figuras recortadas soamente cos seus dedos, daranlle cor coas
ceras brandas ou rotuladores de distintas cores gordos.estes últimos teñen un
bon efecto, xa que deixan trasparentar as letras do xornal e podemos conseguir
distintos tonos de da cor.

Cando xa temos tódolos elementos colocados e pegados co pegamento branco, coa brocha dámoslle cola líquida ou vernís de ceras ó fondo omde non hai figuras e esparcimos sobre el os restos de afiar ceras duras e lápices, obteniendo o efecto da terra e das herbas.
Finalmente darémoslle unha capa de vernís de ceras e así fixaranse mellor todas aquelas partes que pegamos e quedarán máis protexidas.

Foto
detalle