No suroeste da provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, atópanse os Montes do Invernadeiro con altas montañas de cumes cobertos de pastos, mostrans nas súas pinas abas grandes extensións de queirugais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bule de forma sorprendente.
A aula da Natureza do Invernadeiro áchase na Ribeira Grande, un lugar afastado e único para estudia-la natureza do espacio deste Parque Natural. O carreiro que leva ata ela xa é de seu o pórtico perfecto para entrarnos nos Montes do Invernadeiro.