Comeza a viaxe

Érase un pequeno gran que alguén deixara esquecido naquel vello froiteiro.

Víase case insignificante diante da grandeza das mazás e o colorido das fermosas laranxas.

-Quen son eu? 

-Semello un cereal!

-Que fago aquí? 

El vía coma os nenos e as nenas, cando chegaban da escola, collían unha daquelas froitas. Mais ningún deles dábase de conta da súa existencia. Un día, o neno máis pequeno viuno, e pensando que se trataba de restos orgánicos, levouno ao caldeiro onde botaban o lixo para as pitas. Pobre gran !!! Sen comelo nin bebelo viuse na Terra. e pouco a pouco foi desaparecendo baixo ela. Nunca máis viu a luz do día! Mais achegábase a primavera e chovera dabondo cando.... Ouh, sorpresa! Aos poucos comezou a medrar cara arriba.  Estaba a xerminar e volvíase verde ao tempo que medraba e medraba.

Así foi como puido ver que preto del había unha extensión moi grande de compañeiros seus.

Cando medrou apareceulle unha espiga chea de grans semellantes a como era el de pequeno e, aos poucos, a súa cor foi mudando de verde a amarela.

Pero seguía estando só! e lonxe dos outros grans ata que unha mañá apareceu unha máquina estrondosa na finca dos veciños e ao mesmo tempo que unha man forte o arrincaba e tiraba xunto cos outros á outra beira da cancela.

Era o momento da seitura

Así foi, como ao final, veuse acompañado de millóns de grans semellantes en todo a el, separados en grandes sacos dentro dun camión que os levaría de viaxe.