A nosa sala de informática
A aula de informática do noso centro conta con 24 equipos para uso do alumnado, un ordeador portátil para o profesorado conectado a unha pantalla dixital que facilita enormemente as explicacións dos distintos exercicios e traballos que se propoñen, a máis de supoñer un elemento didáctico de gran interés para uso do alumnado.
Os ordenadores, todos eles con acceso a internet e conexión en rede, supoñen unha aposta que dende vello ten realizado o noso centro no sentido de incorporar ao ensino as novas tecnoloxía, tanto na súa variante de clases de informática como o seu uso como material didáctico de apoio ás aprendizaxes de áreas do currículo do xeito máis ameno e motivador.
Programas de traballo
Os programas que se traballan na aula de informática son fundamentalmente software libre, ou shareware gratuíto. A suite ofimática utilizada é o openoffice, o navegador Mozilla Firefox, programas de tratamento de imaxes o Gimp, debuxo Tuxpaint e mecanografía Tustype.
Úsase moito tamén tanto o Clic coma o JClic, aplicacións que baixo licenza Creative Commons elaborou a Generalitat de Catalunya.
-
Blogues
-
Documentos e Recursos
- Proxecto Educativo de Centro
- Regulamento Réxime Interno
- Programacións ciclo LOE
- Plan de Atención á Diversidade
- Plan Orientación académica e profesional
- Plan de Acollida
- Plan de Convivencia
- Plan TIC
- Plan Xeral Anual 2007-08
- Memoria Curso 2007-08
- Plan Xeral Anual 2008-09
- Memoria Curso 2008-2009
- Plan Xeral Anual 2009-2010
- Memoria Curso 2009-2010
- Plan Xeral Anual 2010-2011
- Memoria Curso 2010-2011
- Plan Xeral Anual 2011-2012
- Recursos informáticos
- Axenda 21 Escolar
- Menús escolares
Enlaces