O aparato respiratorio encárgase de toma-lo osíxeno do aire e expulsa-lo dióxido de carbono ó exterior. Está formado por: fosas nasais , farinxe, larinxe, bronquios, alvéolos e pulmóns.

RESPIRACIÓN
Chámase así o proceso de tomar osíxeno e expulsar dióxido de carbono .Realízase en dúas fases : inspiración e expiración .

Na inspiración, o diafragma contráese e descende. Os músculos costais tamén se contraen e a caixa torácica aumenta de tamaño, ó se elevaren as costas e o esterno. Deste xeito, ensánchanse os pulmóns, e o aire entra neles.
Na expiración ocorre o contrario: os músculos reláxanse, e o diafragma ascende e, ó se relaxaren os músculos costais, a caixa torácica descende, os pulmóns estréitanse e expulsan o aire ó exterior.