Intercambio vital

 

 

 

 

¿Debo respirar?
Llamada rectangular redondeada: ¿Debo respirar?

 Respiras sen darte de conta, xa que é algo que se executa mecanicamente, incorporando osíxeno cando inspiras (ou inhalas) e expelindo anhídrido carbónico cando espiras (ou exhalas).

A respiración é unha función que non podes deixar de realizar por máis de catro minutos. Se non o fas, te asfixiarías ata chegar á morte.

Para funcionar, as células do teu corpo necesitan osíxeno.

 O sistema respiratorio é o que se encarga de subministrar este elemento ao sangue, para que esta o distribúa a todos os tecidos do teu corpo.

Sen embargo, a causa do metabolismo celular (conxunto de cambios químicos e biolóxicos), no organismo fórmase un composto gaseoso chamado anhídrido carbónico, que carece de utilidade e é moi tóxico, polo que debe ser eliminado, función que tamén cumpre este sistema.

O sistema respiratorio está formado principalmente por dúas grandes seccións:

 

As vías respiratorias.  Os pulmóns.

Esta sección é a encargada de permitir a entrada de aire ás superficies respiratorias; Son

-cavidade nasal.

-farinxe.

- larinxe.

-tráquea.

- bronquios.

- bronquiolos.

 

 O aparato pulmonar é onde se efectúan os intercambios gaseosos entre o aire do ambiente e o sangue.

Debido á natureza gaseosa dos seus contidos, as vías respiratorias están cubertas por unha armazón ósea ou cartilaxinosa, que fai posible manter abertos estes camiños para que o aire poida pasar libremente.

      

volver a inicio