Curiosidades sobre o aparato excretor
| - Os riles filtran todo o sangue do corpo cada cinco minutos | - Podemos sobrevivir cun único ril. Se un deixa de funcionar o outro aumenta de tamaño para realizar o traballo dos dous. |
| - Cando os riles sofren un perxuízo irreversible das súas funcións, pódese tentar o transplante renal, que é a sustitución dun dos riles do paciente por un sano. Este ril pode ser obtido de doantes vivos ou mortos. Cando o doante estivese vivo, pasa a vivir só cun ril. | - Cada ril mide 12 cm. de longo por 5 de ancho e pesa de 135 a 180 gramos. |
| - Os uréteres miden uns 40 cm. de longo e 0,3 cm. de grosor. | - Ademais da función de retirar do sangue os productos de refugallo, os riles exercen outros importantes procesos, como regular o volume, composición e acidez do sangue e manter o equilibrio acuoso do corpo. |
| - Para expulsar a urina que se orixina nos riles, os uréteres realizan uns movementos peristálticos (contraccións periódicas) que comenzan na pelvis renal, avanzando nun movemento contínuo ata a vexiga urinaria de forma que en 25 segundos expulsa toda a urina acumulada no uréter. | - A vexiga urinaria pode almacenar ata 500 ml. de capacidade xa que posúe suma elasticidade. |
|
- O término loción procede do latín lotium que significa lavado. Os romanos usaban urina rancia como loción capilar porque previña a caspa e mataba os piollos. |
- Hoxe en día moitas das cremas e cosméticos conteñen urea, que é a principal sustancia que forma a urina. |
| - Casi a mitade da auga que bebemos, expulsámola a traves da respiración. |