Curiosidades do aparello respiratorio

 

* Respiramos uns 5 ou 6 litros de aire por minuto. 

* Os pulmóns dun adulto teñen unha capacidade duns 3 litros de aire. 

* O hipo está causado pola contracción súbita do diafrag ma. Entón o aire entra moi rápido e as cordas vogais péchanse; isto causa o son do hipo. 

* O granxeiro americano Charles Osborne tivo un ataque de hipo que lle comezou no 1922 e rematou no 1990 (68 anos de hipo). 

* Ó toser, o aire pode saír a unha velocidade de 140 kilómetros por hora. 

* A mosca consume 100 veces máis osíxeno no momento de despegar que cando está en repouso. 

* O pulmón dereito é máis grande có esquerdo, xa que este debélle deixar espacio ó corazón. 

* Cáseque a mitade da auga que bebemos expulsámola a través da respiración.

* Cando, por algunha razón non se da respirado faise o boca a boca...

volver a inicio