|
O ciclo menstrual |
|
Mediante un proceso regulado por hormonas, cada mes e de manera alternada, un dos dos ovarios libera un óvulo. Esperando que se produza a unión dese óvulo cun espermatozoide, o útero se prepara para recibir e protexer ó cigoto, para o que desenvolve no seu interior, o endometrio, unha capa mucosa sobre a que se desenvolverá o embrión. Se a fecundación non ocorre, o endometrio despréndese e sae en forma de sangrado pola vaxina xunto ó óvulo, producíndose a menstruación. Nalgúns casos, prodúcense lixeiros dores e hinchazón. O ciclo menstrual empeza a contarse desde o primeiro día de sangrado e remata un día antes do seguinte período de sangrado. En xeneral dura 28 ou 29 días, aínda que nalgunhas mulleres pode ser de 25 a 34 días. O sangrado dura entre 3 e 7 días. Durante os dous primeiros anos a menstruación preséntase irregularmente; despois os ciclos vólvense máis regulares. Cada muller ten un funcionamiento único e independente. Moitas veces as emocións fortes e o estrés poden alterar os ciclos menstruais. É importante lembrar que durante a menstruación as mulleres poden realizar as súas actividades cotiás. Unha ducha, un xogo ou a práctica dalgún deporte non producen ningún dano.
|