Músculos da espalda e das extremidades

Na espalda ou rexión dorsal do tronco están  máis potentes, que son os que  percorren ó longo da columna vertebral. Permítennos poñernos de pé e permanecer ergueitos mentres estamos sentados. Además, aportan a forza necesaria para levantar e empurrar obxectos. Destacan o trapecio, que eleva os ombros  mantén a verticalidade da cabeza, e os grandes dorsais, que chegan ata os glúteos e permiten mover os brazos cara atrás.

Por diante, están os pectorais, que nos permiten mover os brazos cara adiante, e os intercostais -situados entre as costelas, que participan activamente nos movementos respiratorios. Debaixo da caixa torácica están os rectos maiores do estómago, tamén coñecidos como músculos abdominais.

Nos brazos ou extremidades superiores ubícanse o deltoides, que forma o ombro, e o  bíceps e tríceps braquiais, que mediante unha acción antagónica permiten que o antebrazo (que vai entre el cóbado e pulso) se extenda ou flexione. Os pronadores e supinadores fan xirar o pulso e a man.

Nas pernas ou extremidades inferiores encontramos o cuádriceps, na parte dianteira do muslo -, o sartorio, que permite cruzar unha perna sobre a outra, e o aductor maior na  parte interna do muslo (entre pernas).

Na parte posterior da perna, están o bíceps crural, que dobra a perna polo xeonllo, e os xemelgos, ubicados na traseira da perna e que entre outras cousas nos permiten poñernos en pé.

Ademais, están os glúteos, que forman as nádegas - onde nos sentamos-, que son moi importantes para manter unha posición ergueita e o  equilibrio necesario para que podamos camiñar.

Nas extremidades tamén existen músculos flexores e extensores dos dedos das mans e dos pés.

 Para ir a inicio preme no meco