O proceso dixestivo

O proceso dixestivo iníciase cando o alimento ingresa á boca. A tarefa de triturar a comida realízana os dentes, unhas pezas óseas duras que van ancoradas nas xencivas.

O resultado da mastigación é unha masa homoxénea de alimento chamada bolo. O bolo alimenticio atravesa o esófago, un groso tubo polo que pasa en cinco ou dez segundos, e chega ó estómago. Neste lugar é axitado e misturado co zume gástrico que secretan unhas glándulas situadas na parede estomacal.

Desde o estómago esta mestura pasa ó intestino, onde se lle agregan outros zumes, provenientes do páncreas e da parede intestinal, que continúan a dixestión. O resultado nesta fase é unha masa que xa pode atravesar a parede intestinal e incorporarse ó sangue a través das vellosidades intestinais. Despois, por medio do sangue, son conducidos ata as células, que os asimilan.

Os desechos xenerados no proceso dixestivo avanzan lentamente ata chegar ó final do intestino groso, onde, a través do ano, se expulsan cara o exterior convertidos en feces.

 

 

 

 

boca   esófago estómago
farinxe   intestino

groso

 

intestino

delgado