Organos excrecion
Os riles |
Son dous órganos situados na parte
posterior do abdome a ámbolos costados da columna vertebral. Teñen forma de
feixón. A súa cor é roxiza debido á vascularidade que posúen. Están formados por
millóns de pequenos tubos uriníferos que forman un sorprendente sistema de
filtraxe.
|
Os uréteres |
Son dous pequenos conductos, procedentes un de cada ril, Transportan a urina que se forma nos riles, desde estes á vexiga urinaria. Para iso, realizan uns movementos peristálticos (contraccións periódicas). |
A vexiga urinaria |
É un músculo elástico en forma de bolsa. Nela almacénanse a urina que chega constantemente dos riles.Unha vez a urina chega á vexiga non pode volver ós uréteres xa que canto máis urina acumula, máis se pecha o burato de saída dos mesmos.Cando a vexiga conten uns 300 ml. síntese o impulso de ouriñar e a urina é expulsada ó exterior a través da uretra nun acto voluntario (micción). |
A uretra |
A uretra atópase situada debaixo da
vexiga urinaria. É un tubo membranoso que serve de conducto de saída ó exterior
da urina. A micción é voluntaria, salvo en idades moi tempranas. |