|
Sistema reproductor feminino |
|
|
Os órganos sexuais e reproductores da muller atópanse casi por completo no interior da cavidade pélvica. A vulva ou xenitais externos da muller están situados na base da cavidade pélvica. O clítoris é a parte máis sensible dos órganos sexuais femininos. Debaixo do clítoris atópase a saída da uretra -que conduce a ouriña desde a vexiga. A vaxina é un tubo oco muscular, de grande elasticidade, que ten de 10 a 15 centímetros de lonxitude. Aloxa o pene do home durante a relación sexual e é o canal de saída do bebé cando o parto é normal. O útero ou matriz, está situado detrás da vexiga e diante do recto. A súa función é nutrir ó embrión en desenvolvemento ata o seu nacemento. As trompas de Falopio son as encargadas de recoller os óvulos que veñen desde os ovarios e levalos ó útero. Os ovarios son as glándulas sexuais que albergan os óvulos e producen as hormonas sexuais. |
Para volver á principal dalle ó meco |