Os pulmóns

Xa vimos que logo de pasar polas fosas nasais, o aire circula pola farinxe e chega á tráquea, que se divide en dous bronquios, cada un dos cales penetra nun pulmón.

 Os pulmóns son os órganos da respiración onde se produce a hematosis, proceso durante o cal os glóbulos vermellos absorben osíxeno e se liberan do anhídrido carbónico. Protexidos polas costelas, atópanse na caixa torácica, a ambos lados do corazón.

Parecidos a un par de esponxas, forman un dos órganos máis grandes do teu corpo. A súa función esencial, compartida co sistema circulatorio, é a distribución de osíxeno e o intercambio de gases. Teñen a capacidade de aumentar de tamaño cada vez que inspiras e de volver o seu tamaño normal cando o aire é expulsado.

¿Sabías que o pulmón dereito é máis grande que o esquerdo?

Esto é porque o dereito está dividido en tres lóbulos -superior, medio e inferior- e o esquerdo somente en dous - superior e inferior. Cada un dos lóbulos divídese nun gran número de lobulillos, que á súa vez rematan nun bronquiolo. Por fin os bronquiolos conteñen as cavidades chamadas alvéolos que é onde se produce o intercambio dos gases.  

volver a inicio