Os músculos da cabeza
Na cabeza hai dous
grandes grupos: os músculos masticadores, entre os que se inclúen os que elevan
e baixan a mandíbula, os músculos cutáneos, que están en contacto coa pel e son
delgados, como o cráneo, arredor dos ollos e da boca (orbiculares) e no nariz.
Os músculos da
cara non se unen directamente a ningún óso, como sucede no resto do corpo, senón
que están ligados entre sí, permitíndonos unha grande cantidade de movementos
pequenos para expresar distintas sensacións, emocións e sentimentos, coñecidos
como “xestos”.
Os músculos do
pescozo, como o esternocleidomastoideo e o esplenio, e os da parte superior do
lombo moven e controlan a posición da cabeza, a columna cervical e o óso
hioides (ubicado na garganta).
Para ir a inicio preme no meco