O proceso de respiración

O noso corpo non pode almacenar osíxeno, polo que é imprescindible respirar día e noite para que o aire entre e saia dos pulmóns.

 A velocidade e profundidade da respiración é algo relativo, que controlan -especificamente- procesos involuntarios no tronco cerebral. Como xa che contamos anteriormente, este proceso é absolutamente automático e involuntario, ó punto de poder adaptarse ás necesidades do teu organismo.

A acción de respirar consiste en transportar o aire ós pulmóns para que o sangue se nutra de osíxeno e se purifique, para logo expulsar o anhídrido carbónico do corpo.

Cada vez que respiras se producen dous movementos que xa coñeces: inspiración e espiración; é dicir, entra e sae o aire. Nesta etapa  intercambiase máis de medio litro de aire.

Inspiración

Ó inspirar e espirar realizamos lixeiros movementos que fan que os pulmóns se expandan e o aire entre neles mediante o tracto respiratorio.

O diafragma -que tamén intervén neste proceso- fai que o tórax aumente o seu tamaño, e é ahí cando os pulmóns se inflan realmente. Neste momento, as costelas  levantanse e separanse entre sí. Isto é a inspiración.

Espiración

  

Polo contrario, na espiración, o diafragma sobe, presionando os pulmóns e facéndolles expulsar o aire polas vías respiratorias. Aquí, as costelas descenden e quedan menos separadas entre sí e o volume do tórax diminúe.

volver a inicio