ÓSOS DO TRONCO

 

* A COLUMNA VERTEBRAL.

Está formada por 24 ósos chamados vértebras. Están situadas unha encima doutra e unidas por músculos e ligamentos .

A parte superior da columna vertebral está en contacto coa base do cranio.

Distínguense 3 zonas na columna vertebral:

                * CERVICAL: ten 7 vértebras correspondentes á zona do pescozo.

                   *DORSAL: ten 12 vértebras son máis grosas  e corresponden á zona da espalda.

                     *LUMBAR: formada por 5 vértebras, están na zona do abdome.

A parte inferior da columna vertebral está unida ó sacro este óso é resultado da unión de 5 vértebras. O sacro está unido ó coxis.

A principal función da columna vertebral é proporcionar o espacio para acoller á médula espinal, ademais de protexela. A médula espinal, de tecido nervioso, é a que conduce as mensaxes entre o cerebro e as distintas partes do noso organismo,o que a transforma nun elemento crucial do noso corpo.

 

* A CAIXA TORÁCICA.
Para ir a inicio preme no meco