SOMOS COMPOSITORES



WEBQUEST PARA 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Elaborada por Mercedes Rivera Rodríguez

AULA DE MÚSICA
CEIP CRUCEIRO (VILALONGA)
                                                                                                                                           
                         

INTRODUCIÓN

Durante o mes de Abril celébrase no colexio un acontecemento moi especial, lembras cal???... claro que si, o nacemento de INZILBETH, que curiosamente coincide coa celebración do DÍA DO LIBRO.

INZILBETH

Como na clase de música estamos traballando coa obra "O ENTROIDO DOS ANIMAIS" imos a introducir un novo animal, si..., será unha dragoa, a nosa dragoa.

Para agasallar a INZILBETH os alumnos de 3º ciclo de Educación Primaria comporán unha melodía que represente a nosa dragoa, así como fixo SAINT-SAËNS cando compuxo a súa obra "O entroido dos animais".


TAREFA

A tarefa será compoñer unha melodía que represente a Inzilbeth. A música será descriptiva e contará a vida de Inzilbeth no colexio.

Debemos unir as diferentes partes da música composta por cada grupo-clase, facendo aqueles cambios que consideremos necesarios para que a obra final teña coherencia musical e coa historia proposta.

Unha vez rematada a partitura debemos interpretala coa frauta doce soprano e con instrumentos de altura determinada.

Faremos unha gravación en vídeo que se colgará no blog do colexio.

Colgaremos a partitura definitiva e as partituras previas compostas por cada grupo.

Editaremos a partitura co editor NOTEFLIGHT, que é un editor vía web. 




PROCESO

 A obra estará estructurada en 3 partes: nacemento, a vida no colexio durante o día, o colexio pola noite.


NACEMENTO
: Contará a chegada de Inzilbeth ao colexio (aparición misteriosa de pistas, chegada do ovo, nacemento da dragoa e chegada da carta dos seus pais.

A VIDA NO COLEXIO:  Explicará como é un día no colexio para Inzilbeth cando está rodeada de nenos e de profes.

O COLEXIO POLA NOITE: Falará sobre o que pasa pola noite no cole cando non hai nenos nin profes (un colexio pola noite pode ser un lugar moi misterioso...).


A música composta deberá ter as seguintes características:



PASO 1

- Dentro de cada clase deberedes facer 3 grupos co mesmo nº de membros, excepto que o nº de alumnos non sexa divisible por 3.

- En cada grupo debedes nomear a un coordinador, que será a persoa encargada de recoller as propostas de todos os membros do grupo e concretar o traballo que se lle entregará á profe escrito, a man, en papel pautado.


PASO 2

- Antes de empezar a pensar na  composición faremos un repaso a nocións básicas de linguaxe musical que será necesario ter moi claras para poder facer este traballo.


- Estas dúas actividades deberedes facelas pola vosa conta para o que teredes que xuntarvos os membros do grupo no lugar que consideredes mais adecuado. Lembrade que a biblioteca do colexio está aberta todas as tardes, excepto os martes!!!

- Debedes entregarme os datos da estadística das dúas actividades.

- Para facer estas actividades teredes unha semana, dende a sesión onde se vos presenta a actividade ata a seguinte sesión de música. Nesta sesión iremos todos á aula de informática  para corrixir os dous xogos e aclarar as posibles dúbidas.


PASO 3

Xa podedes empezar coa composición:

- Todos os membros do grupo escribiredes en papel pautado as ideas que teñades sobre a composición e as tocaredes nun xilófono ata elixir a mellor proposta.

- Este traballo realizarase na sesión semanal de Educación musical

- Teredes dúas sesións para rematar a composición da vosa parte.

- Cada coordinador entregaralle á profe a composición do seu grupo escrita en papel pautado.


PASO 4

- En cada clase teremos 3 composicións diferentes polo que, entre todo o grupo clase, deberemos elixir a que nos guste mais ou ben poderemos compoñer unha nova melodía collendo ideas de todas as composicións.

- Este traballo escribirémolo na pizarra ata ter o resultado final.

- Cando a composición xa estea rematada cada alumno escribirá no seu caderno a partitura.

- Teremos unha sesión para concretar este traballo.


PASO 5


- Na seguinte sesión iremos á aula de informática para escribir a melodía da nosa parte, utilizando o editor de partituras NOTEFLIGHT


PASO 6

- Unha vez rematada a partitura de cada parte tocarémola na clase coa frauta e con instrumentos de percusión de altura determinada.

- Logo tocaremos a composición completa coa frauta e con instrumentos de percusión de altura determinada.

- Gravarémola en video para colgala no blog do colexio.


PASO 7

- Se nos dera tempo faríamos unha instrumentación con instrumentos de percusión de altura indeterminada. Seguiríamos o mesmo proceso que para a composición da melodía.


ÁNIMO E A TRABALLAR, seguro que saen unhas composicións fantásticas!!!


RECURSOS

Aquí tedes uns enderezos web nos que podedes atopar a información necesaria tanto para resolver o ENCRUCILLADO e o LIBRO INTERACTIVO como para facer a vosa composición.


- LINGUAXE MUSICAL. INFORMACIÓN E PREGUNTAS

- LINGUAXE MUSICAL. INFORMACIÓN E XOGOS

- TECLADO VIRTUAL

- EDITOR DE PARTITURAS


AVALIACIÓN


O traballo vai ser en grupo polo que avaliarei o traballo feito por cada grupo, pero tamén avaliarei o traballo individual de cada membro do grupo.
Tamén aviliarei a calidade da interpretación da composición.

Dareille mais importancia ao proceso que a o traballo final. Tédeo en conta!!!, prefiro que traballedes de forma cooperativa, respectando as ideas e aportacións dos demais ainda que o resultado final non sexa tan bo, a que traballen uns cuantos e os demais non aporten nada.

A nota será unha parte moi importante da cualificación do 3º trimestre.



CONCLUSIÓN


Despois de facer esta actividade xa tedes unhas nocións básicas de como empezar a compoñer  música.

Probade a compoñer sobre calquera idea que teñades, xa sabedes, o proceso é o mesmo: música marchosa, música tranquila ...


CRÉDITOS


Todas as fotografías, debuxos e enlaces a páxinas web utlizados nesta webquest teñen unha finalidade exclusivamente educativa.





GUÍA PARA O PROFESOR

ÁREA

Educación musical.

NIVEL DOS ALUMNOS

Esta webquest vai dirixida a alumnos de 5º e 6º cursos de Educación primaria.

OBXECTIVOS

Cada curso pretendemos que os nosos alumnos estudien a fondo a vida e obra dun compositor de relevancia universal, que sexan conscientes de que as artes son imprescindibles no desenvolvemento dos individuos e da sociedade e de que forman parte do noso patrimonio cultural.
Este curso traballamos a un compositor francés que, nalgunhas ocasións, pode pasar desapercibido pero que ten unha obra moi extensa e de gran calidade. Unha das súas obras mais coñecidas é "O entroido dos animais", que será a obra que estudiaremos en profundidade durante este curso.

O gran obxectivo desta webquest é que os alumnos participen activamente e traballando de forma cooperativa na realización dunha producción artística que teña como base a biografía de Camille Saint-Saëns.
Utilizaran este traballo como medio de expresión de sentimentos e emocións e como medio de investigación, expresión e representación utilizando a linguaxe musical.

COMPETENCIAS A TRABALLAR E CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA NO DESENVOLVEMENTO DE DITAS COMPETENCIAS

  • COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
    Apreciar a música clásica e gozar escribíndoa , interpretándoa e escoitándoa.

  • COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER
    Suscitar a curiosidade sobre o proceso de composición musical.

  • COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
     Realizar traballos en grupo, tendo unha organización que distribuia con ecuanimidade o traballo e os diferentes papeis entre todos os membros do grupo.          Respectar o traballo dos demais.

  • TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL
     Buscar información en internet, facer xogos de páxinas de internet sobre linguaxe musical.
     Realizar encrucillados feitos con Hot Potatoes, libro interactivo multimedia, utilizar o editor de partituras VIVALDI GOLD.


TEMPORALIZACIÓN

Esta webquest desenvolverase durante o 3º trimestre do curso.