barro
NO    ceip_cruceiro ESTAMOS DE NOVO A INVESTIGAR datective    ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO O BARRO E AS TELLEIRAS
                   


PARECE MOI DIVERTIDO .


Algo de música para escoitar mentres traballamos!



INTRODUCIÓN


ALFARERIA


"Explicar la historia es tanto como descubrir las pasiones de los hombres, su genio, sus fuerzas operantes." Georg Wilhelm Friedrich Hegel


Neste proxecto de historia que estamos a realizar non podíamos esquecer indagar na nosa propia historia.
Queremos coñecer como era o estilo de vida, a sociedade, as tradicións ...dos nosos avós e bisavós.
O barro e as telleiras foron unha parte importante na vida das anteriores xeracións que poboaron a comarca do Salnés, e por iso lle adicaremos un lugar especial nas nosas actividades.
Poñámonos mans a obra .


Boa Sorte !!!


TAREFAS



deberes




  • Nesta primeira tarefa imos aproveitar que temos a posibilidade de contactar con persoas cercanas, veciños, familiares, mestres, que coñeceron de primeira man, xa que traballaron nisto, como eran as telleiras e como era o traballo que alí se realizaba.Ímonos a converter en reporteiros por un día. Unha tarefa complexa pero esperemos resulte moi divertida. En pequenos grupos, na aula, elaboraremos unha entrevista  que posteriormente lle faremos a algunha persoa da nosa familia, veciños, mestres...que nos poidan aportar información sobre as telleiras e o traballo de extracción e elaboración do barro . Procuraremos establecer os grupos de forma que todos teñades facilidades para poder levar a cabo a entrevista.Se ademais temos a sorte de poder acompaña-la entrevista dalgunha fotografía a nosa reportaxe quedará fantástica. Que sorte poder contar con información de primeira man!
  • Marcade no mapa as zonas onde estaban situadas as telleiras do Salnés
mapa
  • Ímonos de excursión a visitar a telleira de Vilalonga (Sanxenxo). Esperamos que serva para asentar mellor os nosos coñecementos e aqquirir algún novo. Ademais teremos a posibilidade de coller un pouquiño de barro para despois demostrar as nosas dotes artísticas.
RECURSOS
internet
  •  O principal recurso có que contamos para a realización deste traballo atópase moi preto de nós. Trátase dos familiares ou veciños que coñecen como era o traballo nas telleiras. Nesta ocasión non vai a ser internet, senón os nosos coñecidos os que nos poden aportar a información máis fiable.
  • Tamén contamos cunha exposición de paneis no colexio que nos poden servir para  responder algunhas da cuestións plantexadas.
  • O libro "ANTES DE QUE A MEMORIA ESQUEZA O BARRO E AS TELLEIRAS " IES Francisco Asorey

Enlaces en Internet:

Arelas de Aquelar
Exposición As Telleiras
Tella
Ladrillo

A GRAN PREGUNTA
interrogante
Agora que xa coñecemos moitas cousas sobre as telleiras e o proceso de elaboración das tellas, e para rematar faremos un escrito no que expliquemos Que cambios houbo en canto a forma de vivir, traballar e na sociedade en xeral dende esa época ata a actualidade?
AVALIACIÓN
evaluacion
 A pesar de que as tarefas se van a realizar en grupo ademais do resultado tamén valorarei o traballo de cada membro do grupo por individual. É dicir, terase en conta a implicación de todos os membros no traballo e as aportacións que cada un fai en beneficio de todo o grupo.


CREDITOS
Todas as imaxes e enlaces empregados nesta páxina teñen fins exclusivamente educativos.