Penso que as verbas que con tanto amor dedicaba ós nenos e nenas do Colexio o benquerido Don Claudio e a poesía de Dona María, son merecedoras de recordo como homenaxe ás figuras dos ilustres mestres que foron o seus autores.
Pola data veredes que é
galego non normativizado e para ser fiel o texto orixinal transcríbese
tal como foi escrito.
GUIEIRO
"Xa fai moito tempo que matinaba na pubricación dun periódico escolar. Non un periódico pros alumnos, senón unhas follas feitas polos mesmos nenos da escola. Pro os anos iban pasando e nunca se levaba á práitica. Ben é verdade co tempo todo é pouco pro ensino: son moitas as materias i' esíxese moito en todas elas.
Parez que soilo se pensa en embutirlle conocementos ó rapaz: coma si fora un saco sin fondo, no que sempre hai qu' estar metendo algo. ¿Qué queda pra ises outros conocementos -dibuxo, música, conversa, formación física, pretecnoloxía- que pr'algúns rapaces han de ser tan importantes, ou mais, cos outros? A composición escrita, a formación, vai quedando un tanto relegada. Moito falar e pouco praiticar.
Nembargantes, a idea seguía bulindo no maxín e por fin chegou o intre de realizala. Aproveitando iste día das Letras Galegas, o noso Colexio, que por algo leva o nome do gran poeta Curros Enríquez, o home que con Pondal e Rosalía forman a triada magna da poesía galega no pasado século XIX, saca iste primeiro número pra poñer a nosa pedriña no gran edificio da reconstrución da nosa Terra.
Escomencemos polo uso da língua materna, que xa facemos moitas vegadas, e sigamos mantendo en nós ista arela do servicio á causa nobre e xusta da diñificación de Galicia, pra érguela á outura que se merez no concerto dos pobos libres
Pra dar cabida a tantas ideas como se nos presentaban, escollimos un feixe de composiciós, mesturando o propio co alleo, pra estímulo dos rapaces, e ver si desa maneira podemos, pro ano que ven, sacar outros números con mais vagarciñó e algo millorados.
Un agarimoso saúdo, pimeiro pros nenos todos do Colexio, que son os meus preferidos, a quenes quero de corazón. Dimpois, ós meus compañeiros, irmaus no amor hacia os rapaciños. A tódolos pais do alumnado, sin olvidar á Asociación que se desvive e se preocupa tanto por tódolos problemas da escola e dos nenos. Aos demais Mestres , compañeiros na outa misión qu' estamos levando a cabo; e ¿por qué non? tamén ás autoridades docentes que colabouran na educación da infancia e xuventude na que todos estamos metidos".
Ourense, 17 de Maio do 1979
Claudio González Laso
Director
AOS PROFESORES E NENOS DO COLEXIO "CURROS ENRÍQUEZ"
Miña terra, meu Ourense,
terra do meu corazón...
Miña terra, miña casa,
anaco do mundo en frol...
Ben quixera que ó morrer
nese curruncho de terra
naceran froles marelas
e nelas brilara o sol.
Miña terra, meu Ourense,
terra do meu corazón...
Meu Colexio, miña clase,
meus nenos: un mundo en frol...
Ben quixera que o eu irme
se grabara un belo son
nesas mentes: de promesas,
de verdade, de ilusións...
Miña terra, meu Ourense,
terra do meu corazón...
Meus compañeiros da ialma
que me distes boas leuciós...
paseniño, docemente, duas veces,
pra que millor deprendera:
que o tempo non volve, non...
María Gulías Barros