Alumnos e alumnas de octavo no curso 1981-1982
Faragullas de historia
O Colexio Curros Enríquez nace no ano 1931 na chamada Estrada Nova, nun edificio de duas plantas, que conserva na actualidade.
Chamábase Escola Graduada, como era o nome da época. A educación separábase por sexos.Na planta alta atopábanse as tres aulas das nenas e na planta baixa as tres dos nenos.O ensino levábano a cabo, tres mestras para as nenas e tres mestres para os nenos.
Tiña tamen a Escola Graduada una directora por oposición e por último un conserxe, era o persoal co que contaba esta Escola na súa creación.Uns anos máis adiante, creouse una clase de Párvulos.Os primeiros mestres foron:
Dona María Teresa, para as nenas máis pequenas, dona Antolina para as do grao medio e dona Marina para as nenas maiores (terceiro grao).Para os nenos, estaban don Claudio, don Emilio e don Bernardino, en primeiro, segundo e terceiro grao respectivamente.
Dona Isabel foi a primeira directora e o conserxe o señor Manríquez.A primeira mestra de párvulos foi dona Mercedes.
Dona Antolina moi pronto aprobaría as oposicions de Inspectora de Primeira Ensinanza, que exerceu ata a súa xubilación, nesta cidade de Ourense. Daqueles persoeiros que puxeron andar a Escola Graduada Curros Enríquez aínda viven dona Antolina e dona Marina.
O primeiro inspector do que teño recordo, foi don Ramón, crego e mestre habilitado (exercía de inspector).
Mención especial para dona María Teresa e don Raúl, que levaron a cabo a difícil tarefa de ser mestres de primeiro, con máis de corenta nenos nas aulas.
Daquela época son as árbores que hoxe temos tan grandes no noso patio do Colexio Curros Enríquez.
No curso 1964-1965 creouse a Asociación de Pais de Alumnos e de Antigos Alumnos, a nova recolleuna a Axencia EFE, nas páxinas do diario ABC. O seu primeiro Presidente foi, don Eustaquio. Cos poucos medios con que contaba, (como anécdota direi que os pais pagaban a Asociación un peso ó mes) puxeron en marcha unha clase de Inglés, para os nenos maiores dentro do horario escolar.
O Colexio Curros Enríquez foi pioneiro en ter clase de idioma no Ensino Primario.
Adicanse estas verbas a todos os mestres e mestras, e a os alumnos e alumnas que pasaron polo Colexio Curros Enríquez.
Ourense, setembro de 1999.