|
Curso 2005 - 2006 As actividade comezan o martes día 4 de outubro, agás pandeireta e baile galego que comezan o venres 21 de outubro. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Naqueles casos en que haxa suficientes alumn@s tratarase de facer o segundo grupo co horario sinalado con esta cor. O calendario e horarios propostos poderían sufrir alteracións en función da disposición de locais ou do número de alumn@s. O primeiro día é conveniente acompañar @s nen@s e preguntar ó monitor/a as necesidades da actividade. Moi importante en debuxo |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Subvencionadas polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
· SOCIOS: A cota de socio para este curso mantense en 12 € por familia independentemente do número de fill@s matriculad@s no centro. Esta asociación ven programando actividades que disfrutan tódolos nenos e nenas do colexio, sexan socios ou non. Facerse socio axuda a manter este outro tipo de actividades: magosto, contos na biblioteca, adquisición de libros para a biblioteca, representacións teatrais e musicais, etc. Os non socios verán incrementada o prezo das actividades en 6 € por mes. · As actividades de debuxo e pintura, teatro, pandeireta, baile galego, traballos manuais e xadrez, continúan subvencionadas polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago. As actividade de karate e patinaxe están subvencionadas pola Deputación Provincial da Coruña, o mesmo que iniciación ó deporte. Están pendentes de solicitude danza e capoeira. · INSCRICIÓN: No local da A.N.P.A. os días 26, 27, 28, 29 e 30 de setembro de 13:35 a 14:00 o día 4 de outubro de 16:30 a 17:30. Tomarase a orde de inscrición para determinar a fin das prazas, agás nas gratuítas onde primará a antigüidade na asociación. Naqueles casos nos que sexa posible faranse dous grupos, sendo o segundo horario o sinalado cun *. A organización dos grupos corresponde ó monitor/a e a Xunta Directiva da A.N.P.A. É imprescindible darse de alta nas actividades no local. · PAGO DAS ACTIVIDADES: Este farase en dous prazos. O primeiro pago farase no momento da inscrición e será polos meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro. O segundo pago efectuarase en xaneiro e pagaranse os meses de febreiro, marzo, abril e maio. O 1º pago realizarase no local da A.N.P.A. Nos casos excepcionais en que se solicite un terceiro ou máis pagos, a decisión corresponderá á Xunta Directiva da A.N.P.A. Para asistir ás actividades é imprescindible estar ó día en tódolos pagos. · REDUCCIÓN NO PREZO: No caso de asistir a tres actividades (excluídas as gratuítas) a terceira e seguintes terán unha reducción de 1 € no prezo por mes. · A fin de que @s alumn@s poidan coñecer as actividades que lle interesan, poderán asistir a unha única sesión de proba por actividade. É condición indispensable estar ó día nos pagos, e ter aboada a cota da A.N.P.A. para o curso 2005 – 2006. · BAIXAS:. É imprescindible comunicar a baixa sempre á A.N.P.A. no mes anterior a producirse a mesma; por exemplo: no caso en que alguén non vaia volver a partir de novembro deberá avisar en outubro. De facelo así devolveráselle o importe aboado polos meses de novembro, decembro e xaneiro. En caso de avisar xa en novembro só se lle aboarán os meses de decembro e xaneiro. · RESPONSABILIDADE: As nais ou pais serán os encargados de acompañar @s nen@s ás actividades o mesmo que o cambio de actividade ou ata que chegue o monitor/a. Tanto a A.N.P.A. como os monitores non se fan responsables d@s alumn@s fóra da aula ou espazo correspondente, aínda que a segunda actividade vaia a continuación da primeira. Pregamos puntualidade á hora de recollelos. · BALONCESTO: A “Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas” propón a formación de varios equipos de baloncesto que entrenarán no colexio os mércores e venres de 16h a 18h, participando en competicións oficias. A cota de participación é de 10€ ó mes. Teñen información máis detallada os días de entrenamento. · MÚSICA: A Asociación Cultural Musical Solfa ofrece cursos de Iniciación á música, Solfexo, Instrumento, Audicións e Coro nas dependencias do colexio. Poderán recoller información da A.C.M. Solfa no local da A.N.P.A. · HÍPICA: O “Club Hípico Santiago” ofrece ós socios clases de hípica de media hora semanal en diferentes horarios e sempre que participen 15 alumn@s como mínimo. LOCAL DA A.N.P.A: A partir de outubro estará aberto o local da A.N.P.A. os luns lectivos de 16:30 a 17:30 h. O teléfono da asociación é o 660 647 808, nel poderán obter información, pero non xestionar a matrícula nas actividades, esta ten que facerse de xeito persoal no local. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||