|
Campamentos dVerán '06 da Xunta de Galicia e Intercambio bilaterais con outras comunidades autónomas |
|
Estes campamentos van dirixidos a nenos e nenas dos 9 ós 17 anos. |
|
A participación inclúe o aloxamento e manutención en albergues, residencias ou campamentos xuvenís, o material necesario para cada actividade, o equipo técnico especializado nas actividades que se desenvolverán e no tempo libre, a atención sanitaria e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. |
|
A base educacional dos campamentos é o uso do noso idioma, a promoción de hábitos de vida saudable, a participación activa, a equidade de xénero e o respecto polo medio ambiente. |
|
As solicitudes poden presentarse de dous xeitos:
|
|
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 21 de abril de 2006. |
|
Os membros defamilia numerosa teñen un desconto do 50% e os usuarios do carné xove dun 25% |
|
Pódese obter máis información no teléfono xove 902 152 535 e na páxina antes sinalada www.rix.org e no punto de información xuvenil de Santiago na Praza do Matadoiro (981 583 900) onde podes obter o impreso oficial e folleto con todos os campamentos dispoñibles, o prezo, as quendas, a situación, as idades, o prezo... |