|
Estimado/a amigo/a:
A Asociación de nais e pais de alumnos ( ANPA ) e o Claustro de profesores deste centro entendemos que o Colexio debe de ser algo máis que un simple contacto entre profesores e alumnos, que debe de ir máis aló do simple feito da impartición de clases e a realización de actividades extraescolares. Desexamos que o colexio sexa un ente activo, que non se apague cada vez que un alumno abandona o mesmo para incorporarse ao instituto, ou cando os pais xa non teñan fillos que traer ou recoller, e polo tanto a relación con este Centro deixa de ter razón de ser.
Non; nós queremos que o noso Colexio sexa verdadeiramente noso, de todos os que consideran que o Centro foi algo importante na súa vida, na dos seus fillos, aínda que fora por un espacio de tempo pequeno, e na de aqueles que tiveron, teñen e terán algunha relación co C.E.I.P. Fontiñas. Queremos que esta casa sexa en realidade casa de todos, de todos aqueles que por aquí pasamos, que sexa unha identidade que nos una a todos, dende a faceta de pais, nais, alumnos, alumnas e profesores. Desexamos que esta lapa que hoxe acendemos, alumee sempre con voz propia e nos incentive e ilumine a todos.
Por tal motivo, como director do centro, gustaríame que asistiras a unha reunión que terá lugar no C.E.I.P de Fontiñas o vindeiro mércores día 14 de maio, ás 20 horas, co gallo de nomear unha xunta xestora que poña en marcha a ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO C.E.I.P. FONTIÑAS.
Esperando a túa presencia recibe un cordial saúdo. |
|
|