ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2008 – 2009

 

  A  Consellería de Educación, na súa Orde do 17 de marzo de 2007 ( DOG. 19 de marzo), ven de regular o procedemento para a admisión do alumnado de E. Infantil e Primaria. Para unha boa marcha deste proceso sería necesario ter en conta o seguinte:

1. Solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 de  ao 31 de marzo de cada ano, ambos os dous inclusive.

As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se publica como anexo II á citada orde. Este será facilitado neste centro e poderá descargarse na páxina web da consellería de Educación.

Cada solicitante presentará unha única solicitude,dirixida á dirección do centro, nela poderán relacionarse ata seis centros, por orde de preferencia, entregando esta no colexio que solicita en primeiro lugar.

Na mesma solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar  se desexan ou non utilizar o servicio complementario de comedor.

As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido e serán remitidas por este centro á comisión de escolarización.

Os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumno ou alumna con necesidades educativas especiais, achegando, se for o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

Unha solicitude será ineficaz cando se presente máis dunha solicitude no mesmo centro ou en centros diferentes, tamén o será cando se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada.

 2. Calendario de matrícula.

 Os pasos a seguir para formacizar a matrícula son os que se atopan reflectidos  no calendario que se xunta como anexo a esta nota.

 3. Servizo de comedor  e “ madrugadores”.

Este curso está a funcionar o servicio de comedor escolar organizado pola ANPA Fontela para os seus afiliados,  polo que todos os que desexen usalo han comunicalo á dirección do centro ou á ANPA no teléfono 628 760 614 anpafontela@gmail.com

Tamén se solicitou permiso ao Sr. Delegado provincial de educación o servicio de madrugadores para o vindeiro curso polo que os interesados ou interesadas tamén o manifestarán  da mesma maneira para que, no caso de haber suficiente demanda, poder entrar en funcionamento o primeiro día do curso 2008 – 2009.

4. Información do proceso.

Toda a información deste proceso estará exposta no taboleiro de anuncios do centro e na páxina  web do centro ( http//centros.edu.xunta.es/ceipdasfontinas.)

Tamén poderá aclarar calquera dúbida que se lles presente poñéndose en contacto coa secretaría ou dirección deste centro.