PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO

PARA O CURSO ACADÉMICO 2008/2009

 

EXTRACTO DO CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

Decreto 30/2007 de 15 de marzo (D.O.G. do 16/03/07

Orde do 17 de marzo de 2007 (D.O.F. do 19/03/07) Corrección de erros (D.O.G.do 04/04/07)

 

PRAZOS

ACTUACIÓNS SEGUNDO A ORDE DE 17 DE MARZO

 

 

01 ao 15 de febreiro

Solicitude de reserv de praza, ben para o propio centro, ben para o centro ao que o/a alumno/a está adscrito/a, e para o curso vindeiro.

De non facer a reserva a escolarización farase mediante o proceso de admisión como se o/a alumno/a fose novo   

01 de marzo

Publicación nos taboleiros do centra das vacantes ofertadas polo centro para o vindeiro curso

01 ao 31 de marzo

ANEXO II

Presentación das instancias de solicitude de matrícula.

Deberase facer constar se o alumnado desexa utilizar ou non o servicio de comedor.

En caso de optar a unha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio á educación, os pais ou titores deberán aportar a documentación pertinente

01 ao 20 de abril

Presentación, optativa, da documentación para que o alumnado sexa baremado( Se a demanda de prazas fose superior á oferta)

21 de abril

Solicitude á Delegación para que verifique a renda e o domicilio fiscal do solicitante.

Antes do 30 de abril

Publicación da relación de alumnado admitido e excluído.

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 5 días hábiles

Prazo de resolución das reclamacións: 5 días hábiles inmediatamente posteriores.

Resoltas as reclamacións

Publicacións das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido contra das que cabe presentar recurso de alzada diante do Delegado provincial no prazo dun mes

20 ao 30 de xuño

Formalización de matrícula.