REGULAMENTACION INTERNA

1. Os/as  alumnos/as participantes serán do C.E.I.P. Fontiñas.

2. Os/as corredores/as participarán na carreira de forma conxunta, non obstante delimitaranse as categorías, de tal xeito que haberá unha clasificación masculina e feminina individuais, agás nas categorías a, b, c.

3. Os/as corredores/as levarán vestimenta deportiva adecuada.

4. Cada participante lucirá o seu correspondente dorsal que lle será facilitado no centro.

5. O circuito terá unha extensión determinada segundo cada categoría (ver máis abaixo)

6. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba.

7. Estará habilitado un Equipo de primeiros auxilios.

8. Debido ó caracter eminentemente deportivo e amigable da proba, non se admitirán reclamacións.