ANPA Fontela

A Xunta directiva da ANPA Fontela convoca Asemblea Xeral o xoves día 26 de marzo de 2009, ás 16h coa seguinte orde do día:
1.- Renovación da Xunta directiva.
2.- Nomeamento dos cargos da xunta directiva, representante no consello escolar e na federación municipal.
3.- Presupostos para o curso 2008-2009.
4.- Perspectivas para o curso 2009-2010. Comedor escolar, madrugadores e actividades.
5.- Rogos e preguntas.
 

Desde a ANPA queremos animarvos a participar na dirección e xestión da mesma, o que está en xogo é a educación dos nosos fillos e fillas, para iso aquelas persoas que teñan interés poden achegarse ao local da ANPA para integrarse na proposta de xunta directiva nesta asemblea.

Esperamos a vosa asistencia.