|
Os dereitos dos nenos e das nenas |
|
|
Tódalas persoas teñen uns dereitos e unhas obrigas. A continuación expoñemos os dereitos de tódolos nenos e nenas segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, declaración de desexos e aspiracións para a maioría da poboación mundial que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas hai cincuenta anos e segue a ser un ideal máximo da Humanidade: |
|
| 1 |
Os nenos e nenas disporán de oportunidades e servizos para que poidan desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente en condicións de liberdade e dignidade |
| 2 |
Os nenos e nenas terán dereito desde o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade. |
| 3 |
Os nenos e nenas terán dereito a gozar de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados. |
| 4 |
Os nenos e nenas, física e mentalmente impedidos deben recibir o tratamento, educación e coidados especiais que require o seu caso particular. |
| 5 |
Os nenos e nenas deberán medrar ó amparo e baixo a responsabilidade dos seus pais, e nun ambiente de afecto e de seguridade moral e material. |
| 6 |
Os nenos e nenas terán dereito a recibir educación que será gratuíta e obrigatoria polo menos nas etapas elementais. |
| 7 |
Os nenos e nenas deben, en tódaslas circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro. |
| 8 |
Os nenos e nenas serán protexidos contra toda forma de abandono e explotación. Non deberá permitirse que traballen antes dunha idade adecuada. |
| 9 |
Os nenos e nenas deben ser protexidos contra as prácticas que poidan fomentar a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outra índole. |
| 10 |
Os nenos e nenas deben ser educados nun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, paz e fraternidade universal. |
|
|
|