|
O Colexio |
|
Aquí atoparás unha pequena descrición do noso colexio, da súa ubicación e localización, das súas instalacións e servizos. O que se refire a matrícula, horarios, profesorado... Podes consultalo en Xestión do Centro. |
|
Enderezo |
|
C.E.I.P. Fontiñas |
|
Rúa de Roma, 21 |
|
15707 Santiago de Compostela |
|
Teléfono e fax: 981 56 07 41 |
|
Enderezo electrónico: ceip.fontinhas@edu.xunta.es |
|
Despois de longas deliberacións, xa podemos presentarlles as conclusións ás que chegaron os nosos especialistas sobre como é o seu colexio. Ó final do documento atopará unha serie de citas literais e anónimas de algún e algunha especialista e tamén un enlace que lle permitirá facer unha visita fotográfica guiada. |
|
O noso colexio é público polo que depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago de Compostela para o seu mantemento, está no barrio das Fontiñas, máis concretamente na rúa de Roma 21. Nel podes estudar Educación Infantil e Educación Primaria, e temos dous grupos por cada nivel, somos uns poucos máis de 300, entre rapaces e rapazas. Profesoras e profesores deben ser uns 30, atendennos moi ben, e eso que ás veces enfadámolos. Hai un edificio para os pequeniños e outro para os de primaria, agora os dous teñen un patio cuberto, por fin podemos saír ó recreo aínda que chova. No de Infantil ata hai un parque con moita herba, area e columpios, no material escolar ata se inclúe pá e caldeiro coma os da praia. Desde hai 5 cursos temos xornada continuada, o que quere dicir que pola tarde se nos apetece, imos á biblioteca ou ás actividades que programe a ANPA Fontela ou o colexio. O horario de clases é de 9 a 2h, menos en setembro e xuño que é de 9 e media a 1 e media. Ademais estes tres últimos cursos tivemos a Escola de Verán, organizada polo Concello de Santiago, unha semana en xuño e outra en setembro. Desde Educación Infantil temos Inglés, Música e Educación Física. Cando temos problemas para dicir algunha letra Conchi (especialista de Audición e Linguaxe) aprendenos a dicila ben. Tamén nos axuda Maricarmen se nos custa aprender a ler ou escribir (especialista de Pedagoxía Terapéutica). Hai unha profesora adicada á Asistencia á integración e dúas profesoras de apoio, unha en Educación Infantil e outra en Primaria. A aula de informática está ben, imos xogar pero só podemos facelo cos xogos que nos mandan, deses nos que aprendes algo. O mesmo pasa coas películas de inglés e coñecemento que vemos no salón da televisión. Non temos transporte escolar, case tódolos alumnos e alumnas chegamos andando en 10 ou 20 minutos porque vivimos moi preto do cole. Tampouco temos comedor escolar porque son poucos os que queren comer no colexio. No noso colexio facemos un montón de excursións e moitas actividades como “Da man dun libro”, “Candeíñas” para preparar os festivais de Nadal, os maios e a festa de fin de curso, “Xogando en galego todo o ano”, “Coñece a túa cidade”, o día da paz, o “Bule-bule” que torneo de xadrez e ata unha Carreira Pedestre na que participamos todos e todas desde os tres anos. Celebramos o magosto, o entroido e polas Letras Galegas participamos na confección da nosa revista Parolas que xa vai para o número 8, a portada decídese nun concurso entre todo o alumnado. Na semana das Letras Galegas os da ANPA organizan para todos actividades divertidas, ven Celso a contar historias na biblioteca, hai grupos de teatro ou de maxia ou monicreques. Durante todo o curso tamén pon polas tardes outras actividades que molan, o malo é que só unha é gratuíta. Cando rematas no colexio pasas ó Instituto de Educación Secundaria Antonio Fraguas situado tamén no barrio das Fontiñas, na rúa de Londres. |
|
CITAS. Gústame o meu colexio porque... |
|
- voy yo. - estou cos meus compañeiros (330 coincidencias) - por los compañeros aunque nos peleamos a veces y los profesores lo arreglan todo. - non só traballamos senón que aprendemos cousas. - cada vez se está modernizando máis. - temos unha profesora moi boa. E o mesmo digo do director. - o noso conserxe sempre está alí para axudarnos. - nos enseñan para ser algo o día de mañá. - o paso moi ben. - apréndense moitas cousas e pasas o tempo pola mañá. - significame a miña segunda casa. - non é moi grande. - las pachangas de fútbol que hacemos en el recreo. - facemos moitas saídas culturais e visitas didácticas e o mellor é a excursión de fin de curso. - mo paso ben cos meus amigos sobre todo no recreo... o único que non me gusta son as clases. - só ten clase pola mañá e ten ximnasia e plástica. - ten as asignaturas de Mates, Coñecemento e Educación Física. - aprendemos moitas cousas e polos profesores que son simpáticos. - por unha tutora inteligente y disciplinada. - os profesores repectan ós nenos e ensínanlle moitas cousas. - entramos a las 9:00 - ten un campo de fútbol sala. - ...hai clases variadas. - tiene un polideportivo y ventanas que se abren de dos formas. - los profesores/as son buenos y los profesores/as nos educan. - teño unha tutora con moita paciencia. - nel síntome a gusto cós profesores e compañeiros. - podemos participar nas festas facendo bailes, obras de teatro... - o noso conxerse, Manolo, sempre está para axudarnos. - nas actividades en grupo poden participar tódolos alumnos. - ten a clase moi decorada. - ...facemos moitos deberes na casa. - ...gustanme as matemáticas e as materias. - facemos moitas saídas e porque facemos moitas cousas en equipo. |