Área: Educación Física.
Regulamento de Baloncesto 3 x 3.
- Xógase nunha soa canastra
- Os equipos están compostos por 4 xogadores, un dos cales comezará como suplente.
- Cada equipo ten un capitán como representante único.
- O xogo será a 15 puntos con dous de vantaxe e terá unha duración máxima de 10 minutos. Ao final do tempo, gañará o partido o equipo que vaia adiante no marcador.
- En caso de que o partido finalice en empate, os 3 xogadores que nese momento estean a xogar por cada equipo, terán que lanzar un tiro libre cada un, gañando o encontro o equipo que máis enceste.
- Cada canastra vale un punto, agás aquelas conseguidas dende máis alá da liña de triplo, que valerán 2 puntos.
- A primeira posesión do balón será sorteada.
- Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír máis alá da liña de triplo antes de poder anotar. Se anotasen sen sairse da liña de triplo, a canastra será sumada no marcador do equipo contrario e a posesión sería para este mesmo equipo.
- Despois de cada canastra o balón cambia de posesión e iníciase o xogo dende detrás da liña de medio campo cun pase.
- cando o balón saia fóra deberá poñerse en xogo dende a banda.
- As loitas supoñen, sempre, a posesión do balón para o equipo que defendía.
- As faltas sacaranse sempre de banda, a partir da oitava falta de equipo, todas as faltas se sancionarán cun tiro libre, en caso de convertelo, a posesión cambiará ao equipo contrario; en caso de fallalo a posesión do balón continua sendo para o equipo que lanzou o tiro libre.
- Os xogadores serán eliminados ao cometer a súa quinta falta persoal. O xogo pode continuar ata que un dos equipos quede solo cun xogador.
- As faltas intencionadas non se permitirán e serán penalizadas cun punto e a posesión do balón ao equipo sobre o que recaia a falta.
- Todas as faltas serán sinaladas polos xogadores.
- Ningún xogador poderá participar en máis dun equipo.
- Os equipos que se atrasen máis de 2 minutos da hora de comezo do encontro serán penalizados.
- Se algún membro da organización observa un comportamento antideportivo nun ou varios xogadores dun equipo, ou ben nos acompañantes deste mesmo equipo, influíndo no lóxico transcorrer do xogo, poderán ser eliminados da competición.
|
|