Luns 06 de Abril de 2026
Clock
  Libro de visitas
Ceip de Casaio"
Taboleiro
¿Quenes somos?
                         

Ensino Primario

Área: Educación Física.

REGULAMENTO

DE

PETANCA

Artigo 1º

A Petanca é un deporte que se practica por equipos de igual número de xogadores, que poden ser:

- de 3 xogadores (tripletas) con dúas bólas cada un.

- de 2 xogadores (dupletas) con tres bólas cada un.

- de 1 xogador (individual) con tres bólas.

Calquera outra fórmula que utilicen os xogadores para opoñerse entre si, non está autorizada oficialmente.

En España, os xogadores segundo as súas idades, poderanse clasificar en:

Infantís, Xuvenís e Seniors, e segundo o sexo, en Masculinos e Femininos.

Infantís (menores de 13 anos), o último ano que un xogador/a é Infantil, é o ano en que cumpre os 12 anos. Non poderá xogar noutra Categoría que non sexa a súa, non obstante, que o desexe, poderá expedir licenza de Xuvenil deixando de pertencer á súa Categoría.

Xuvenís (de 13 a 17 anos), o último ano que un xogador/a é Xuvenil, é o ano que cumpre os 17 anos, poderá xogar en Categorías superiores sempre que estea acompañado por un representante desa Categoría.

O / a Xuvenil que o desexe, poderá expedir licenza na Categoría Superior deixando de pertencer á súa Categoría actual.

Tanto na Categoría Infantil coma na Xuvenil, os equipos poderán ser Mixtos, Masculinos ou Femininos.

Seniors (Masculinos e Femininos).

Artigo 2º

A Petanca xógase con bólas recoñecidas pola F.I.P.J.P. as cales teñen que reunir as características seguintes:

a) Teñen que ser metálicas.

b) O seu diámetro deberá estar comprendido entre 7,05 cm. ( como mínimo ) e 8 cm. ( como máximo ).

c) O seu peso deberá estar comprendido entre 0,650 Kg. ( mínimo ) e 0,800 Kg. ( máximo ). Tanto a marca do fabricante como os díxitos que indican o peso, deberán estar gravados sobre a bóla de forma indeleble.

d) As bólas non deben conter chumbo nin area e con carácter xeral non deberán estar trucadas nin deberán sufrir transformación ou modificación ningunha tras a súa fabricación industrial recoñecida pola Federación. Non obstante, o xogador poderá gravar o seu nome e apelidos ou iniciais.

O Xogador que incorra en calquera das infraccións previstas no apartado d), será inmediatamente excluído da competición, así como os seus compañeiros de equipo.

Poderán presentarse os seguintes casos:

1) Bólas trucadas: o xogador exponse á retirada da súa licenza por un período a duración do cal está fixada polo código de Disciplina, sen prexuízo doutras sancións impostas polo Comité Federativo de Disciplina.

2) Bólas "recocidas": o xogador exponse á retirada da súa licenza por un período de dous anos, e a prohibición de participar en probas de cualificación para Campionatos Nacionais e Internacionais por un período de tres a cinco anos.

En ambos os dous casos e se as bólas fosen prestadas por unha persoa a identidade da cal se coñecese, imporase unha suspensión de dous anos ao seu propietario.

As bólas non trucadas pero excesivamente usadas, ou de fabricación defectuosa, que non fosen aprobadas nos exames de control, ou que non respondesen ás normas sinaladas nos apartados a), b) e c), deberán ser substituídas. O xogador poderá cambiar o xogo de bólas.

As reclamacións relativas aos apartados a), b) e c) realizadas polos xogadores, só admitiranse antes do inicio da partida. Polo tanto, os xogadores aseguraranse que tanto as súas bólas como as dos seus adversarios responden ás normas sinaladas.

As reclamacións referentes ao apartado d), recibiranse durante toda a partida, pero só poderán interpoñerse entre dúas xogadas. Non obstante a partir da terceira xogada, se a reclamación é sen fundamento, significará unha penalización de tres puntos que se sumarán ao marcador do equipo contrario.

No caso en que sexa necesario abrir as bólas, o reclamante será responsable do resultado que se produza. Así, se as bólas son correctas, verase obrigado a pagar o seu importe ou a substituilas, se ben en ningún caso se lle poderá reclamar danos e prexuízos.

O árbitro e o Comité de Competición, poderán en todo momento do xogo, proceder a controlar as bólas dun ou varios xogadores.

Os boliches serán de madeira exclusivamente. O seu diámetro deberá estar comprendido entre 25 mm (mínimo) e 35 mm (máximo). Os boliches pintados de calquera cor son válidos.

Artigo 3º

Cada xogador debe presentar a súa licenza antes do inicio dunha Competición, tamén deberá presentala cando lla/llela solicite o árbitro ou o contrario, pero unicamente antes do inicio da partida.

A licenza establecerase conforme á norma administrativa da Federación, debendo levar fotografía e sinatura do titular.

En España, a licenza Nacional, deberá estar asinada polo Presidente da Federación Española de Petanca e polo seu titular, debendo levar tamén o selo da Federación que a expediu e o / os selo / s correspondentes á F.E.P. Farase constar a Categoría, o nome e apelidos do titular, Club e Federación á que pertence, data de nacemento, D.N.I. e data de expedición desta. Todo xogador a licenza do cal non se atope en regra segundo ás prescricións anteriores, será excluído da Competición.

Artigo 4º

A prohibe aos xogadores cambiar de boliche ou de bólas no transcurso da partida, agás nos casos seguintes:

a) A bóla ou o boliche non se atopasen: o tempo de busca está limitado a cinco minutos.

b) A bóla ou o boliche rompe: neste caso o anaco máis grande será tomado en consideración. Se quedan bólas por xogar, é inmediatamente substituído despois dunha eventual e necesaria medición, por unha bóla ou boliche de diámetro idéntico ou análogo.

Á xogada seguinte, o xogador prexudicado, pode cambiar o xogo de bólas.

 

Artigo 5º

A Petanca practícase sobre toda clase de terreo, pero por decisión do Comité de Organización ou do árbitro, os equipos poden verse obrigados a xogar sobre unha pista delimitada. Neste caso, a pista debe ter as dimensións mínimas seguintes: 4 m. de anchura e 15 m. de lonxitude para os Campionatos Nacionais e as Competicións Internacionais.

Para outras Competicións, as Federacións poderán permitir aos Organizadores outras dimensións non inferiores a 12 x 3 m.

As partidas xogan 13 puntos con posibilidade de desempate e axuste a 11 puntos.

Artigo 6º

Os xogadores deben sortear para determinar o equipo que elixirá pista, no caso de non lle asignar unha a Organización, e o primeiro lanzará o boliche.

Calquera xogador do equipo que gañara o sorteo, escollerá o punto de partida e trazará sobre o chan unha circunferencia de 0,35 m a 0,50 m de diámetro na que deberán pousarse totalmente os pés dos xogadores. Debe trazarse a mais de 1 m. de todo obstáculo ou do límite dun terreo prohibido, e nas Competicións en terreo libre, polo menos, a 2 m. doutra circunferencia utilizada.

Os pés deben estar totalmente no interior da circunferencia sen pisala e non deben saír dela nin se separar totalmente do chan, ata que a bóla lanzada toque o terreo. Ningunha parte do corpo poderá tocar o chan do exterior da circunferencia.

Os mutilados dun membro inferior, están excepcionalmente autorizados a colocar un só pé no interior da circunferencia.

Para os xogadores participantes en cadeira de rodas, a circunferencia ha de estar entre as rodas, o reposapiés da cadeira situarase á altura do bordo da circunferencia.

O lanzamento do boliche por un xogador, non implica que necesariamente teña que xogar primeiro.

Nunha Competición en que haxa pistas marcadas, e se por calquera circunstancia unha pista é asignada para dúas partidas ao mesmo tempo, ningún contendente pode irse xogar a outra pista sen autorización do árbitro.

Artigo 7º

Para que o boliche lanzado por un xogador sexa válido, é necesario:

1º) Que a distancia que lle separa do bordo máis próximo da circunferencia de lanzamento sexa de:

â 4 metros mínimos e 8 metros máximo para os ALEVÍN.

â 5 metros mínimos e 9 metros máximo para os INFANTÍS.

â 6 metros mínimos e 10 metros máximo para os XUVENÍS Y

SENIORS.

En España, a Categoría ALEVÍN, non existe.

2º) Que a circunferencia de lanzamento, estea a 1 metro como mínimo de calquera obstáculo e do límite de calquera terreo prohibido.

3º) Que o boliche estea a 1 metro, como mínimo, de todo obstáculo e do límite máis próximo de calquera terreo prohibido.

4º) Que sexa visible polo xogador colocado cos pés nos extremos interiores da circunferencia e co corpo absolutamente recto. En caso de dúbida sobre este punto, o árbitro decidirá sen posibilidade de apelación se o boliche é visible.

Na xogada seguinte, o boliche lanzarase dende unha circunferencia trazada arredor do punto onde se atopaba na xogada anterior, salvo nos casos seguintes:

ß Que a circunferencia estivese situada a menos de 1 metro dun obstáculo ou do límite dun terreo prohibido.

ß Que o lanzamento do boliche non puidese facerse a todas as distancias regulamentarias.

No primeiro caso, o xogador trazará a circunferencia ao límite regulamentario do obstáculo ou do terreo prohibido.

No segundo caso, o xogador poderá retroceder seguindo a liña sobre a que se situaba o boliche ata obter a distancia máxima de lanzamento e non mais alá. Esta posibilidade, ofrécese só se o boliche non pode ser lanzado nunha dirección calquera á distancia máxima.

Se tras tres lanzamentos consecutivos do mesmo equipo, o boliche non foi lanzado nas condicións regulamentarias mencionadas, a quenda de lanzamento pasará ao equipo contrario que disporá igualmente de tres lanzamentos e que poderá retroceder a circunferencia nas condicións previstas no apartado anterior. Neste caso, e se este novo equipo tampouco acerta nos seus tres lanzamentos, a circunferencia non poderá ser novamente trasladada.

En todo caso, o equipo que perdeu o boliche tras os seus tres primeiros intentos, conserva a prioridade para o lanzamento da primeira bóla.

Artigo 8º

Se o boliche lanzado é interceptado polo árbitro, un xogador, un espectador, un animal ou calquera obxecto móbil, o lanzamento non será válido e deberá repetirse sen que sexa contabilizado para os efectos dos tres aos que ten dereito o xogador ou o seu equipo.

Unha vez lanzado o boliche e tras ser xogada a primeira bóla, o adversario poderá aínda comprobar a súa posición regulamentaria. Se a reclamación é válida, o boliche será relanzado novamente e se xogará a bóla.

Se o contrario tamén xogase xa unha bóla, o lanzamento do boliche será definitivamente considerado válido e non se admitirá ningunha reclamación.

Para que o boliche sexa relanzado, é necesario que os dous equipos recoñeceran que o lanzamento non fora válido ou que o árbitro o decidira así. Neste caso, é imposible volver ao lanzamento anterior.

Se un equipo procede diferente, perde o dereito de lanzamento do boliche.

Artigo 9º

O boliche é nulo nos seis casos seguintes:

1) Cando tras ser lanzado, non se atopa dentro dos límites previstos no artigo 7º.

2) Cando no transcurso dunha xogada, o boliche é desprazado a terreo prohibido aínda que volva a terreo autorizado. O boliche situado a cabalo sobre o límite dun terreo prohibido, é válido. Será nulo, cando supere completamente o límite do terreo autorizado ou a liña de perda, ou sexa, cando se sitúe máis alá da serenidade deste límite. Considérase terreo prohibido, toda zona de auga sobre a cal, o boliche flote libremente.

3) Cando atopándose en terreo autorizado, o boliche é desprazado non sendo visible dende o interior da circunferencia segundo o indicado no artigo 7º. Non obstante, o boliche oculto por unha bóla, non é nulo. O árbitro está autorizado a levantar momentaneamente unha bóla para comprobar se o boliche é visible.

4) Cando o boliche é desprazado a máis de 20 metros ou a menos de 3 metros da circunferencia de lanzamento.

5) Cando ao ser desprazado, o boliche non pode ser atopado, estando o tempo de busca, limitado a cinco minutos.

6) Cando un terreo prohibido se atopa entre o boliche e a circunferencia de lanzamento.

Artigo 10º

Está totalmente prohibido, quitar, desprazar ou pisar calquera tipo de obstáculo situado na pista. Non obstante, o xogador que vai lanzar o boliche, está autorizado a tentear unha zona de bombeo cunha das súas bólas sen golpear máis de tres veces o chan. Non obstante, o xogador que vai xogar ou un dos seus compañeiros, pode tapar o burato producido pola bóla xogada anteriormente.

Os xogadores que non observen estas normas, incorrerán nas seguintes sancións:

1) Amoestación.

2) Anulación da bóla xogada ou a xogar.

3) Descualificación do equipo.

4) Descualificación dos dous equipos en caso de acordo entre eles.

Artigo 11º

Se no transcurso dunha xogada o boliche queda por casualidade escondido por unha folla ou un anaco de papel, estes serán retirados.

Se unha vez parado o boliche, se despraza como consecuencia do vento ou da inclinación do terreo, será colocado novamente no seu lugar primitivo, a condición de que estivese marcado.

Igualmente, se o boliche é desprazado accidentalmente polo árbitro, un xogador, un espectador, un animal ou un boliche procedente doutra partida ou por todo obxecto móbil.

Para evitar toda discusión, os xogadores, deben marcar a posición do boliche. Non se admitirá ningunha reclamación como consecuencia das bólas ou boliches non marcados.

Artigo 12º

Se durante unha xogada o boliche é desprazado a outra pista de xogo limitada ou non, será válido a reserva das disposicións do artigo 9º.

Neste caso, os xogadores esperarán se houbese lugar, á fin da xogada empezada polos xogadores que se atopen na outra pista.

Os xogadores deberán ter paciencia e cortesía.

Artigo 13º

Se durante unha xogada, o boliche queda nulo, preséntanse 3 casos:

a) Quedan bólas por xogar a ambos os dous equipos, a xogada é nula.

b) Quedan bólas por xogar a un só equipo, este apuntarase tantos puntos como lle queden por xogar.

c) Non quedan bólas por xogar a ningún dos equipos, a xogada é nula.

Artigo 14º

Se o boliche é golpeado e freado por un espectador ou polo árbitro, permanecerá nesa posición.

Se o boliche é golpeado e freado por un xogador, o seu adversario pode elixir entre:

a) Deixalo na súa nova posición.

b) Colocalo no seu lugar primitivo.

c) Colocalo na prolongación da liña que vai dende o seu lugar primitivo ao lugar onde se atopase pero unicamente en terreo de xogo autorizado e de forma que a xogada poida continuarse.

Os apartados b) e c), só poden aplicarse cando o boliche foi marcado previamente. Se este non fose o caso, o boliche permanecerá onde se atopa.

Se despois de golpeado, o boliche pasa a terreo prohibido para volver ao terreo de xogo, aplicaranse as disposicións do artigo 13º.

Artigo 15º

Se no transcurso dunha xogada, o boliche é desprazado fóra da pista, será relanzado na xogada seguinte, dende o punto en que se atopaba cando foi desprazado sempre que (artigo 7º).

a) A circunferencia poida ser trazada a un metro de todo obstáculo ou do límite dun terreo prohibido.

b) O lanzamento do boliche poida facerse a todas as distancias regulamentarias.

Artigo 16º

A primeira bóla dunha xogada, será lanzada por un xogador do equipo que gañou o sorteo ou a xogada anterior.

O xogador non deberá axudarse con ningún obxecto, nin trazar ningunha liña sobre o chan para sinalar a zona de bombeo da súa bóla nin para forzar a súa traxectoria. Cando xogue a súa última bóla, está prohibido que dispoña dunha bóla adicional na outra man.

Está prohibido, mollar as bólas e o boliche.

Se a primeira bóla xogada pasase a terreo prohibido, corresponderalle xogar ao equipo contrario e así alternativamente ata que quede unha bóla en terreo autorizado.

Se non quedase bóla en terreo autorizado debido a un tiro ou un apoio, se aplicarán as disposicións do artigo 29º relativas ao punto nulo.

Artigo 17º

Durante o tempo regulamentario que dispón un xogador para lanzar a súa bóla, os espectadores e xogadores, deberán gardar o maior silencio posible.

Os adversarios, non deben andar nin xesticular nin facer nada que poida molestar o xogador. Só os seus compañeiros, poden colocarse entre o boliche e a circunferencia de lanzamento.

Os adversarios, deberán colocarse do lado do boliche ou por detrás do xogador e a unha distancia de dous metros como mínimo dun ou outro e nun costado.

Os xogadores que non respecten estas normas, poderán ser expulsados da Competición, se tras ser amoestados polo árbitro, persistisen na súa actitude.

Artigo 18º

Unha vez tirada, ningunha bóla se poderá volver xogar. Non obstante, as bólas paradas, ou desviadas involuntariamente na súa traxectoria entre a circunferencia de lanzamento e o boliche,por unha bóla ou boliche procedente doutro xogo, por un animal, por calquera obxecto móbil ( balón, etc.) e no caso previsto no artigo 8º-2º parágrafo, deberán ser relanzadas.

Ninguén poderá a titulo de proba, lanzar unha bóla ao terreo de xogo.

Cando os organizadores delimiten o terreo de xogo, o boliche debe ser lanzado sobre aquel designado para cada equipo.

Durante unha xogada, as bólas e o boliche que saian da pista sinalada, son válidos (agás nos casos previstos nos artigos 9º e 19º). Á xogada seguinte, os equipos continuarán a partida sobre a pista que lles foi designada.

Cando os terreos de xogo se pechan con barreiras, estas deben colocarse por fóra da liña delimitadora e a unha distancia de 0.30 m como mínimo. A liña delimitadora, circunscribirá os terreos de xogo a unha distancia máxima de 4 m. Estas disposicións, son aplicables aos cadros de honra.

Artigo 19º

Toda bóla é considerada nula no momento que entra en terreo prohibido. Se a bóla retorna despois ao terreo de xogo, xa sexa debido á pendente do terreo, ou sexa devolta por un obxecto móbil ou inmóbil, será inmediatamente retirada do xogo e todo aquilo que puidese desprazar tras pasar ao terreo autorizado, será devolto ao seu lugar.

Toda bóla nula, debe ser inmediatamente retirada do terreo de xogo. Doutra forma, será considerada válida dende o momento en que se xogue outra bóla.

Unha bóla a cabalo sobre o límite do terreo autorizado, é válida. É nula, cando supere totalmente o límite do terreo autorizado ou a liña de circunvalación, isto quere dicir, que se atope máis alá da serenidade deste límite.

Artigo 20º

Toda bóla xogada, parada por un espectador ou polo árbitro, conservará a súa posición no punto de inmobilización.

Toda bóla xogada, parada por un xogador do equipo a que pertence, será nula.

Toda bóla xogada ao punto, parada por un adversario, poderá a elección do xogador, ser relanzada ou deixala no seu punto de inmobilización.

Cando unha bóla tirada ou golpeada sexa parada por un xogador, o seu adversario poderá:

a) Deixala no seu punto de inmobilización.

b) Colocala na prolongación da liña que iría dende o lugar onde se atopaba o obxecto móbil (bóla ou boliche) ao sitio onde foi parada, sempre que sexa en terreo autorizado e a condición de que aquel obxecto, fose marcado.

O xogador que voluntariamente pare unha bóla en movemento, será inmediatamente excluído da partida en xogo ao igual que o seu equipo.

Artigo 21º

Unha vez lanzado o boliche, todo xogador disporá dun minuto para lanzar a súa bóla, este lapso de tempo, empezará a contar dende o momento que se detén o boliche, a bóla xogada anteriormente ou unha vez finalizada a medición se esta fose necesaria.

Estas mesmas normas, rexen para o lanzamento do boliche tras cada xogada.

O xogador que non respecte o devandito lapso de tempo, incorrerá nas penalizacións previstas no artigo 10º.

Artigo 22º

Se unha bóla parada se desprazase como consecuencia do vento ou da inclinación do terreo, por exemplo, será colocada novamente no seu lugar orixinal. Igualmente, acontecerá se é desprazada accidentalmente, por un xogador, o árbitro, un espectador, un animal ou calquera obxecto móbil.

Para evitar toda discusión, os xogadores deben marcar a posición das bólas e do boliche. Non se admitirá ningunha reclamación como consecuencia de bólas ou boliches non marcados, e o árbitro só resolverá en función da localización das bólas e do boliche sobre o terreo.

Artigo 23º

O xogador que xogase unha bóla distinta á súa, será amoestado, a bóla xogada será válida, pero deberá ser inmediatamente substituída.

En caso de reincidencia no transcurso dunha partida, a bóla será anulada e todo o que desprazase, será volt ao seu lugar orixinal.

Antes de lanzar a bóla, o xogador deberá retirar todo resto de barro ou calquera cousa adherida a esta, so pena de sufrir as sancións previstas no artigo 10º.

Está prohibido aos xogadores, coller as bólas xogadas antes de que finalice a xogada.

Artigo 24º

Toda bóla lanzada en condicións non regulamentarias, será nula, e todo o que desprazase na súa traxectoria, será devolt ao seu lugar orixinal. Igualmente acontecerá, para toda bóla xogada dende unha circunferencia distinta a aquela dende a cal se lanzou o boliche.

Non obstante, o contrario ten dereito a facer aplicar a regra da vantaxe e declarar que é válida, e todo o que desprazase, permanecerá na súa nova posición.

O equipo que vai lanzar o boliche, debe borrar todas as circunferencias situadas na proximidade da que se vai ha utilizar.

Artigo 25º

Para poder efectuar a medición dun tanto, autorízase a desprazar momentaneamente tras marcalas, as bólas e os obstáculos situados entre o boliche e a bóla a medir. Unha vez efectuada a medición, as bólas e os obstáculos retirados, serán colocados novamente nos seus lugares. Se os obstáculos non puidesen ser retirados, a medición efectuarase cun compás.

Artigo 26º

A medición dun tanto, será realizada polo xogador que interveu en último lugar ou calquera dos seus compañeiros de equipo.

Os adversarios terán sempre o dereito a repetir esa medición.

Calquera que sexa a orde das bólas e o momento da xogada, o árbitro poderá ser consultado e a súa decisión será inapelable.

As medicións deben efectuarse con instrumentos axeitados, cada equipo debe estar en posesión dun. Está terminantemente prohibido, medir cos pés. Os xogadores que non respecten estas normas, poderán ser excluídos da Competición, se tras ser amoestados polo árbitro, persisten no seu modo de actuar.

Artigo 27º

Ao finalizar unha xogada, toda bóla retirada antes de proceder ao reconto de puntos e non marcada, será nula. Non se admitirán reclamacións sobre este punto.

Artigo 28º

Se ao efectuar a medición, o xogador despraza o boliche ou unha das bólas en litixio, perderá o punto.

Se ao efectuar a medición dun tanto, o árbitro movese ou desprazase o boliche ou unha bóla, e despois de medir novamente o tanto queda aínda a favor da bóla considerada primitivamente máis próxima ao boliche, o árbitro pronunciarase con toda equidade.

Igualmente acontecería na hipótese en que, tras a nova medida, o punto non quedase a favor da bóla considerada primitivamente como gañadora.

Artigo 29º

Cando dúas bólas pertencentes a equipos distintos se atopan equidistantes do boliche, ou o tocan ambas as dúas, non quedando mais bólas por xogar, o resultado da xogada será nulo e o boliche quedará a disposición do equipo que se apuntou a xogada anterior.

Se un dos equipos tivese aínda bólas por xogar, lanzaríaas e anotaríase tantos puntos como bólas conseguise finalmente colocar mais preto do boliche que a bóla máis próxima do contrario.

Se os dous equipos dispuxesen de bólas, correspondería xogar primeiro, ao último que efectuou o lanzamento, e despois ao equipo contrario e así sucesivamente ata que o punto sexa gañado por un dos equipos. Cando só quedasen bólas a un equipo, aplicaríase a norma do parágrafo anterior.

Se ao final dunha xogada, non quedasen bólas no terreo de xogo autorizado, a xogada será nula.

Artigo 30º

Todo corpo estraño adherido á bóla ou boliche, debe ser retirado destas antes de efectuar a medición do tanto.

Artigo 31º

Para que unha reclamación sexa admitida, debe ser feita ao árbitro. Se se interpón unha vez que o resultado foi decidido, non pode ser admitida.

Cada equipo é responsable do control do adversario (licenza, categoría, terreo de xogo, bólas, uniformidade, etc.)