Luns 06 de Abril de 2026
Clock
  Libro de visitas
Ceip de Casaio"
Taboleiro
¿Quenes somos?
                         

Ensino Primario

 

Lingua galega

CAMBIOS NO NOVO TEXTO DAS NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS

DO IDIOMA GALEGO, APROBADAS POLA REAL ACADEMIA GALEGA, EN SESIÓN PLENARIA DO DÍA 12 DE XULLO DE 2003, CON RESPECTO Ó TEXTO DA EDICIÓN DE 1995.

 1. Léxico:

No texto das Normas os substantivos vocal e estudio pasan a vogal e estudo, e

 

o verbo estudiar pasa a estudar.

2. O alfabeto

a) O nome da letra <q> pasa a ser que

b) O nome dos dígrafos <ch>, <ll> e <qu> pasan a denominarse

respectivamente ce hache, ele dobre e que u.

 

3. Acentuación

a) Engádese a seguinte aclaración:. “Para os efectos de indicar que non forman

ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando

entre estas e a átona aparece o grafema h: prohibo”

b) Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas

indirectas a aqueles casos en que é necesario para evitar anfiboloxías:

 

"Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e

exclamativas directas: cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?,

onde está?, que queres?, quen cho deu?, que desgraza!

 

Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando

introducen interrogativas indirectas (pregúntalle cando volve, pregúntalle onde

está, preguntoulle cal quería), agás cando for preciso para evitar posibles

anfiboloxías: dille qué queres, / dille que queres, xa sabes qué hai? / xa sabes

que hai?, xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou etc."

 

4. Apóstrofo

Introduciuse un novo epígrafe, dedicado ao apóstrofo, permitindo a súa

utilización para a reproducción da prosodia oral, ou para respectar títulos de

obras ou cabeceiras de publicacións:

 

"No galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo ('), aínda que se

admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego

oral ou dialectal: n'é verdade, n'o fixen, ont'á noite.

Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando

o

artigo inicial se integra coas preposicións de ou en: o argumento d'A Esmorga;

iso está n'Os Eoas.

"

 

 

5. Os signos de interrogación e admiración

O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado, pero só se recomenda ao

seu inicio para evitar ambigüidades e facer máis doada a lectura. A redacción

actual é a seguinte:

 

"A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por

medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?;

Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o

 


 

fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio

destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente.

 

Na orixe o signo de interrogación situábase só ao remate, e esta segue sendo a

práctica máis frecuente entre as linguas do noso ámbito. Mais hai que ter en conta que en

moitas delas a frase interrogativa contén marcas gramaticais que sinalan claramente o inicio

da interrogación, sexa un elemento oracional específico (fr. est-ce que, ing. do ou did etc.),

sexa a inversión entre o suxeito e o verbo (fr. As-tu mangé?, ing. Are you Galician?, al.

Hast du das Buch?). Outras linguas, pola contra, carecen destas marcas gramaticais, de

xeito que, se non se sinala graficamente o inicio da entoación interrogativa, esta queda en

moitos casos sen marcar. Entre estas linguas están o portugués e o italiano (que seguen

mantendo o signo de interrogación só ao final, a pesar das dificultades de lectura que isto

supón), o castelán (que, pola contra, optou por situar un signo invertido ao inicio), o catalán

(que segue unha vía intermedia, sen que haxa acordo total ao respecto, aconsellando o uso

do signo inicial cando a súa ausencia poida supoñer un atranco á lectura correcta: se o signo

final coincide noutra liña, se a entoación interrogativa non comprende todo o texto, se non

hai un adverbio ou pronome interrogativo etc.) e o galego. Na nosa lingua, o único que

diferencia unha oración interrogativa doutra enunciativa é a distinta entoación xa desde o

inicio; para advertir o lector desta diferenza, é conveniente marcar cun signo de

interrogación o punto en que se produce o cambio cando houber calquera dúbida de

interpretación: vou contigo ao teatro, ¿ou queres que quede?; ¿vou contigo ao cine, ou

queres que quede?

 

En todas as linguas as normas de uso do signo de admiración seguen as dadas

para o de interrogación.”

 

6. Grupos -ct- e -cc-

Suprímese a primeira consoante cando vai precedida polas vogais i e u

(condución, conflito...). Con todo, mantense nalgúns tecnicismos e palabras

cultas de escasa frecuencia ou para evitar homonimias):

 

"Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as

vogais i e u: abdución, abdutor, adución, adutor, aflición, aflito, condución,

conduta, conduto, condutor, conflito, constrición, constritivo, construción,

construtivo, construtor, contradición, contrición, dedución, dedutivo, delito,

destrución, destrutor, dicionario, distrito, ditado, ditadura, ditame, ditar, estrito,

estrutura, flutuación, flutuar, frutífero, frutificar, frutuoso, indución, indutor,

introdutor, introdutorio, lutuoso, obstrución, obstrucionismo, obstrucionista,

obstrutivo, produción, produtivo, produto, produtor, reconstrución, redución,

reduto, redutor, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor, vítima,

Vítor, vitoria, vitorioso, xurisdición.

 

Porén, convén manter esta primeira consoante nalgunhas palabras

pertencentes a linguaxes especializadas, de escasa presenza na fala ou para evitar

homonimias. Son voces como adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictionia,

apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicción, dicterio, dúctil, ductilidade,

ducto, edicto, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia,

ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e outras formas con ictio-),

indicción, invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e

outras formas con picto-), ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.”

 

7. Semicultismos con vocalización da primeira consoante do grupo

-ct-:

A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor, cos seus derivados, e

seita (pero sectario, sectarismo):

 


 

"Con respecto a estes grupos cultos, non se debe esquecer que hai algúns

semicultismos con vocalización da consoante implosiva en u ou en i: doutor,

doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero sectario,

sectarismo); suxeitar e suxeito. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta

correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por exemplo,

en pauto / pacto."

 

8. Grupo [ks]. Encontro de dous x nunha mesma palabra

Un caso especial dáse cando na mesma palabra, non composta, aparece dúas

veces x en posición intervocálica, a primeira vez co valor de [ks¡] e a segunda co

de [S]. Nestas palabras pódese optar por substituír o primeiro x por s

(esaxeración, esaxerar, esaxero, esexese, esexético, esixencia, esixente, esixir

etc.) ou ben por manter inalterado o grupo etimolóxico (exaxeración, exaxerar,

exaxero, exexese, exexético, exixencia, exixente, exixir etc.). Esta posibilidade

de elección non afecta aos prefixos do tipo ex-seguidos de consoante nin ás

palabras compostas, en que só cabe manter o grupo: expunxir, lexicoloxía,

toxicoloxía etc.

 

9. Algunhas observacións sobre a pronuncia dos grupos cultos

Introdúcese un novo epígrafe 8.18 sobre a pronunciación dos grupos cultos, no

que se prescribe o timbre aberto das vocais “e”, “o” cando van seguidas por un

destes grupos, e se condenan realizacións do tipo ['aTto], [aX'nOstiko], etc.:

 

"A consoante implosiva dos grupos cultos consonánticos, do tipo cc, cd, cn,

x

[ks¡], ct, bc, bm, bs, bt, bv, bx, ps, pt, pn, mn, gm etc. pronúnciase xeralmente

relaxada, e mesmo pode desaparecer. Cando estes grupos consonánticos van

precedidos das vogais e ou o, estas realízanse sempre con timbre aberto [E], [O]

:

obxecto [oB'SEkto]

.

Nos grupos cc, cd, cn, ct, dm, dn o primeiro elemento pronúnciase [k] ou [d]

,

con maior ou menor grao de relaxación, e mesmo pode desaparecer. Pero

é

incorrecta a pronunciación deste elemento como interdental [T]

.

O primeiro elemento dos grupos cultos gm e gn pronúnciase como velar sonoro

(un g relaxado) ou mesmo como un ene velar [N], mais nunca como aspirado.

"

 

 

10. Terminacións -cio, -cia e -zo, -za

a) Mantense Galicia como forma lexítima galega e como denominación oficial

do país, pero recoñécese tamén a lexitimidade histórica da forma Galiza:

 

"Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia,

delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia,

milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas

palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e

maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma

lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi

recuperada no galego contemporáneo."

 

b) Amplíase a relación de voces con -zo, -za: diferenza, espazo, estanza

('estrofa'), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza,

sentenza, servizo e terzo:

 

"Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, -za:

andazo, avinza, cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso etc.), crenza (descrenza),

diferenza (indiferenza), doenza, espazo (espazar, espazoso), estanza ('estrofa'),

finanza (financeiro), graza (desgraza), habenza, licenza, nacenza (renacenza),

 


 

novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado

diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza, prezo

(desprezo, menosprezo, prezar, desprezar), querenza (benquerenza,

malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo (terza, terzá,

terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza, xusticeiro). A

maioría delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa

lingua, e algunhas son préstamos que se incorporaron con esta solución (estanza,

finanza...)."

 

11. Considéranse admisibles tanto -ble como -bel:

"A solución moderna para as palabras cultas que teñen o sufixo latino -BILIS

é

-ble ou -bel (pl. -bles ou -beis). Así, amable, apetecible, bebible, estable,

indeleble, indisoluble, infalible, perdurable, preferible, realizable, soluble,

terrible, variable, xeneralizable etc.; ou amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel,

indelébel, indisolúbel, infalíbel, perdurábel, preferíbel, realizábel, solúbel,

terríbel, variábel, xeneralizábel etc.

Consecuentemente, débese escribir establecer, establecemento, restablecer

e

restablecemento, ou ben estabelecer, estabelecemento, restabelecer

e

restabelecemento.

 

 

A historia do sufixo -BILIS é complexa e diferente no galego e no portugués. En

textos portugueses medievais aparecen -vel e -vil (plural -viis); máis tarde impúxose como

única forma -vel (plural -veis). En textos galegos antigos danse as seguintes solucións (con

alternancia gráfica b/v): para o singular, -vele ~ -bele (estavele ~ estabele), -vel ~ -bel

(estavel ~ estabel), -vil ~ -bil (estavil ~ estabil), -vle~ -ble (estavle ~ estable); para o plural,

as formas rexistradas son -vi(i)s ~ -bi(i)s (semellavi(i)s ~ semellabi(i)s), -viles ~ -biles

(convenaviles ~ convenabiles) e -veles ~ -beles (semellaveles ~ semellabeles). Esta última

solución é con moito a máis frecuente.

 

A terminación -ble (pl. -bles) impúxose como solución xeral en todo o territorio

galego, e mesmo se documenta no norte de Portugal. Esta é ademais a solución adoptada

por outras linguas (francés, catalán, castelán...). De por parte, -bel, -beis (amábel, amábeis)

ten tamén unha importante presenza na lingua escrita xa desde o século XIX.

 

A solución -bre usouse moito na literatura desde o séc. XIX (*posibre, *amabre),

 

debido á tendencia popular a mudar en r o l agrupado con consoante (vide 8.1). Esta, en

 

troques, é a única solución correcta para nobre, palabra coñecida así desde a Idade Media.

 

A secuencia -bil (pl. -biles) aparece en palabras como débil, hábil, lábil, móbil,

núbil."

 

12. -eo, -eu e -ao, -au

a) Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en -eu.

b) Engádense bacallau e pau á relación de palabras en -au.

 

13. -us, -um, -o

Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en -o.

 

14. Feminino dos nomes rematados en -n

a) -án / -á:

 

"Os substantivos e adxectivos que acaban en -án forman o feminino en -á, tanto

que procedan dun sufixo -ANU, como que teñan outra orixe etimolóxica: alazán,

alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá;

bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián,

 


 

cirurxiá; comarcán, comarcá; concidadán, concidadá; cortesán, cortesá;

cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán,

escribá; gardián, gardiá; gran e gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá;

louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán,

nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa; sancristán, sancristá; sultán, sultá;

tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va;

verán; vilán, vilá.

 

Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para a formación de

xentilicios. Seguen este modelo afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá;

catalán, catalá; coimbrán, coimbrá, e, especialmente, os referidos a entidades de

poboación galegas: aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán, arzuá; bergantiñán,

bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá;

ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá;

muxián, muxiá; ourensán, ourensá; ponteareán, ponteareá; pontecaldelán,

pontecaldelá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; ullán,

ullá; vilagarcián, vilagarciá.

Algúns xentilicios galegos poden conservar a súa forma local -ao / -á: arnoiao,

arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro

Caldelas); dezao, dezá; lancarao, lancará; limiao, limiá; mariñao, mariñá (da

Mariña luguesa); masidao, masidá; meirao, meirá; melidao, melidá; ribeirao,

ribeirá (do Ribeiro) etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma feminina

local -án en casos como unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán etc."

 

b) -án / -ana:

 

"A terminación -án / -ana aparece nunha serie de nomes, substantivos e

adxectivos, que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos:

 

balandrán, balandrana; baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán,

barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán,

buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana;

cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán,

cagana; canelán, canelana; cangallán, cangallana; carallán, carallana;

carcamán, carcamana; carneirán, carneirana; carroulán, carroulana; chalán,

chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán, farfallana;

folán, folana; folgazán, folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana;

lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán,

lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán,

mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán,

palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán,

pastrana; pelandrán, pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana;

porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán,

testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana;

zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana."

 

c) -ón / -oa

 

"Forman o feminino en -oa unha serie de adxectivos e substantivos en que -ón

non pode analizarse como sufixo: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión,

campioa; ladrón, ladroa (que tamén ten un feminino ladra); león, leoa; patrón,

patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa."

 


 

d) -ón / -ona

 

Rematan en -ón / -ona as palabras en que esta terminación é un sufixo

aumentativo ou deverbal pexorativo: mullerona, casona; abusón,

abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; lambón, lambona; preguntón,

preguntona etc.

 

15. Terminacións -dade, -tade

Incorpórase puberdade ó grupo en -dade.

 

16. Terminación -aría / -ería

Dáselle preferencia á solución tradicional -aría (a non ser en certos galicismos),

aínda que se admite tamén a solución -ería:

 

"Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a

cousas e indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había

abundancia delas. A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado

fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia

a esta solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría,

carpintaría, cervexaría, cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría,

enfermaría, enxeñaría, ferraría, gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría,

libraría, moblaría, panadaría, papelaría, pedraría, peixaría, perfumaría,

pradaría, refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría...

 

Con esta solución conflúen tamén aqueloutros vocábulos derivados co

sufixo -ía sobre bases en -ario: comisaría, notaría, secretaría, testamentaría

etc., derivados a partir de comisario, notario, secretario e testamentario,

respectivamente.

 

A solución -ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case

xeral no galego moderno, polo que se admite así mesmo como normativa.

En calquera caso, téñase en conta que algúns galicismos modernos, como

batería, galería, galantería ou mercería presentan unicamente a terminación ería.

 

 

Á forma iberorrománica -aría correspondía a francesa -erie, que, coma outros

sufixos galorrománicos, se documenta na Península desde época moi temperá. Desta

maneira entran as dúas en conflito; e en castelán e catalán impúxose doadamente -ería,

unha vez que o sufixo latino -ARIUS terminou dando cast. -ero e cat. -er

(caballero-caballería, cavaller-cavalleria). Pero esta non foi a única causa do triunfo de

-ería, pois en italiano, onde non hai -ero, tamén se impuxo -eria (libraio-libreria). En

portugués tamén penetrou moito o novo sufixo (Livro de Montería, séc. XV) e aínda

hoxe hai moitas palabras con el (carroceria, parceria, cristaleria, correria, grosseria,

bateria, bilheteria, sorveteria, loteria, bijuteria).

 

Por ultracorrección úsase ás veces un falso sufixo *-eiría, creado a partir dos

 

substantivos derivados en -eiro e non dos primitivos. Así, de ferreiro fíxose *ferreiría

 

ou de leiteiro, *leiteiría etc. Estas formas deben evitarse.”

 

17. Encontros vocálicos

Co epígrafe 10.6. do texto novo, introdúcense unha serie de recomendacións

sobre a pronunciación dos encontros vocálicos nas palabras que acaban en -e

cando van seguidas doutra que comeza por vocal.

 

"Na lingua escrita do séc. XIX e da primeira metade do sec. XX era frecuente o

uso do apóstrofo para representar certas elisións vocálicas que se producen ao se

 


 

encontraren a vogal final dunha palabra e a inicial da seguinte, cando pertencen

ao mesmo grupo fónico. Na ortografía actual non se utiliza o apóstrofo, e nos

casos de elisión optouse ou ben pola amálgama das dúas palabras (do, no, deste,

naquel etc.) ou ben pola grafía plena de cada unha delas (entre as árbores).

Aínda que non se represente graficamente este fenómeno, as palabras que acaban

en -e, especialmente as gramaticais, perden na fala a vogal final cando van

seguidas doutra palabra que comeza por vogal (vide 6): desde América

['dezDa'mE|ika], dixo que andara moito ['diSokan'da|a'mojto], este amigo

[esta'miVo], preguntou se había traballo [preVun'towsa'Biatra'Ba¥o], sempre

anda con contos ['sEm'prandakoN'kontos], deixoume alí [dej'Sowma'li]."

 

18. O artigo

a) O artigo determinado

 

O alomorfo -lo pasa a ser de uso obrigatorio só despois da preposición por e do

adverbio u. Nos demais casos a súa representación é facultativa. Insístese en

que, mesmo que non se represente graficamente, a única pronunciación

recomendable é a que reproduce os alomorfos -lo(s), -la(s) nos contextos

sinalados:

 

"O artigo determinado presenta en galego as seguintes formas:

 

MASCULINO FEMININO

SINGULAR o a

PLURAL os as

 

Existe tamén unha variante alomórfica lo, la, los, las, que é de uso obrigatorio

tras da preposición por (vai polo carreiro) e do adverbio u (ant. *ub) (u-lo

libro?).

Ademais de nos casos mencionados, pódense representar na escrita as variantes

lo, la, los las nos seguintes contextos:

a) Despois de infinitivo, das formas verbais conxugadas que rematen en -r ou -s

e dos pronomes enclíticos nos, vos e lles: vou colle-las laranxas, perdíche-los

cartos, collémo-lo saco, ti e-lo demo, xa sábe-lo que pasou, tomóuno-lo pelo,

dóuvo-la boneca, quitóulle-las ganas de rir.

b) Despois dos pronomes tónicos nós e vós cando van seguidos dunha precisión

numérica: nó-los dous, vó-los sete.

c) Despois de ambos, entrambos e todos, cos seus femininos, da preposición

tras, da conxunción copulativa (e) mais: ámbalas dúas, fixérono entrámbolos

dous, tódolos días e tódalas noites, estalle tralos montes de acolá, fomos eu e

mailo fillo do señor Miguel.

 

A asimilación indicada en a) e b) pode non darse se despois da palabra rematada

en -r ou en -s hai unha pausa.

Aínda que non se represente graficamente, a única pronunciación recomendable

é a que reproduce a segunda forma nos contextos sinalados: vender a casa

[ben1"dela

"kas¡a].”

 

b). Contracción da preposición a co artigo o

 

O encontro da preposición a co artigo o pódese representar graficamente como

ao ou ó:

 


 

"O encontro da preposición a co artigo masculino o(s) resólvese graficamente

como ao(s) ou ó(s) A pronuncia correcta, sexa cal for a súa representación, é [O],

que é a única que se rexistra en practicamente todo o dominio lingüístico

galego."

 

c) Contraccións do artigo determinado coa conxunción comparativa ca:

 

Admítese a dobre representación para o encontro da conxunción comparativa

ca co artigo determinado: ca o ou có, ca a ou cá:

 

"O encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado represéntase

ca o(s), ca a(s) ou có(s), cá(s) (é máis ruín ca o / có demo, Betanzos é máis

pequeno ca a / cá Coruña), aínda que a pronuncia xeral é [kO], [ka]."

 

19. Demostrativos

Elimínanse esto, eso e aquelo como formas neutras.

 

20. Relativos

Admítese tamén o relativo posesivo cuxo, con flexión de xénero e número.

 

21. Numerais cardinais

Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous, vinte e

dúas...

 

"Cando os numerais vinte, trinta, corenta..., noventa van seguidos da

conxunción e, contraen na pronunciación a súa vogal final coa conxunción e

nunha realización [E]: vinte e sete ['bintE'sEte], trinta e dúas ['trintE'Duas] ,

oitenta e catro [oj'tEntE'katro]."

 

22. Multiplicativos

Elimínanse triple e cuádruple.

 

23. Verbo

a) Paradigmas regulares

 

Prescríbese a acentuación proparoxítona na P4 e P5 dos pretéritos de

subxuntivo (andásemos, andásedes...), pero mantense a acentuación

paroxítona nas mesmas persoas do copretérito (andabamos, andabades), do

antepretérito (andaramos, andarades) e do pospretérito (andariamos,

andariades)

 

b) Oír / ouvir

 

Admítese ouvir ao lado de oír

 

24. Adverbios e locucións adverbiais

a) Engádense os adverbios alén e aquén.

b) Elimínanse entonces, alomenos

c) Aglutínanse acotío, amodo, apenas, decontado, decontino, decotío,

deseguida, deseguido, devagar, enseguida e talvez.

 

 

25. Preposicións e locucións prepositivas


 

Engádense a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.

 

26. Conxuncións e locucións conxuntivas

Engádense até que, no entanto, porén.

Elimínase anque, entonces, nembargantes, sen embargo.

Aglutínanse apenas, decontado que, deseguida que.