|
Aquí podedes descarga-lo método para
ensinar a dividir por dúas cifras @s vos@s rapaces/zas.
Está baseado no sistema tradicional, que parte de dividi-la primeira
ou dúas primeiras cifras do dividendo pola primeira do divisor
para obte-la primeira cifra do cociente.
Non é ningunha panacea para o ensino da división por dúas
cifras, ben sabido que cada nen@ é un mundo, pero eu obtiven moi
bos resultados cando o apliquei nas miñas clases en 4º de
primaria.
A secuenciación dos pasos tamén é discutible. Se
algún de vós pode aportar algunha suxerencia constructiva
para mellora-lo método, adiante; mandádeme un correo.
No arquivo "zip" hai dous documentos PDF que se poden abrir
e imprimir co "Acrobat Reader 3.0" ou posteriores:
- "metodo.pdf" que explica con detalle a metodoloxía
(secuenciación e desenvolvemento dos pasos a seguir no proceso)
e consta de 4 páxinas.
- "exemplos.pdf" que consta de 13 fichas de traballo perfectamente
secuenciadas con exemplos de cada un dos pasos a seguir, cun total de
208 contas de dividir presentadas en orde de dificultade crecente.
- "leme.txt" onde tede-la miña dirección de correo
electrónico para calquera consulta ou suxerencia.
Espero que vos sexa de utilidade.
|