CALENDARIO ESCOLAR 2004 - 2005

Preséntase un extracto da orde publicada no DOG do 25 de maio de 2.004 da Consellería de Educación na que se aproba o calendario escolar para este curso 2.004/2.005.

1.- As actividades propiamente lectivas comezarán o día 10 de setembro de 2.004 e rematarán o día 27 de xuño de 2.005.

2.- As vacacións de Nadal abranguerán desde o día 23 de decembro de 2.004 ata o día 7 de xaneiro de 2.005, ámbolos dous inclusive.

3.- As vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 21 de marzo ata o día 28 de marzo de 2.005, ámbolos dous inclusive.

4.- Considéranse días non lectivos o luns e martes de entroido (7 e 8 de febreiro de 2.005)

5.- Considéranse días non lectivos para efectos académicos, ademáis das festas laborais de carácter local, a festividade correspondente ó patrón do ensino primario: 27 de novembro, San Xosé de Calasanz, que por coincidir este ano en sábado, trasládase ó venres 26 de novembro.

6.- Tamén hai 2 días non lectivos de libre disposición ós que fai referencia o artigo 7º desa orde. Para este curso, o noso Claustro decidíu escolle-los días 9 de febreiro de 2.005 (mércores de cinza) e 16 de maio de 2.005 (ponte do día das letras galegas), polo que eses días tampouco haberá clases.

================== * ==================