TRAZO

O contido das fichas de traballo é esencialmente o mesmo en galego que en español. O único que cambia son un par de palabras e algún debuxo, aparte de que en galego faltan as consoantes "j", "k" e "y" que non existen no noso idioma e si están incluídas no paquete de español. Polo demáis todo é o mesmo. En total son 34 fichas en galego e 38 en español.

As fichas preséntanse coas letras ó principio un pouco "abertas", para que a persoa que as traballa siga o trazo dunha vez e sen levanta-lo lapis do papel na dirección e sentido correctos para logo voltar a traza-las mesmas letras pero xa "pechadas" sempre na mesma dirección e sentido. Espero que vos sirvan de algo.

GALEGO
ESPAÑOL