O día da paz.
3 feb
O pasado luns foi un día moi especial no noso cole: celebramos o Día da Paz!
Comezamos cantando, todos xuntos, a canción “A muralla”. Fixémolo arredor do “muro da paz” que ladrillo a ladrillo fomos construíndo entre todas as clases.
Logo, grandes e pequenos, disfrutamos moitísimo cun montón de xogos cooperativos:
o paracaídas…
…as sillas,
os aros…
e as caixas.
A verdade é que os nenos e nenas de sexto foron por un día uns estupendos profes que nos axudaron… cun montón de paciencia!
Un día, sen dúbida, cargadiño de ledicia e PAZ!
Ilidenys y Adrián. 3º Ed. Primaria.
O NADAL CHEGOU A LAREDO
3 feb
O nadal chegou a Laredo e mostra delo, foron as campás que decoraron a entrada do cole.
Ademáis, contamos coa presenza do paxe real, en representación dás súas Maxestades os Reis Magos.
Tamén fixemos unha festa onde tódolos nenos puidemos degustar algúns produtos típicos desta época.
E xa para rematar, todos xuntos, nenos e mestres. cantamos unha canción que a teacher nos ensinou.
Feliz Año Nuevo
24 ene

No. No es que vayamos con retraso. Es que ayer(23 de enero) fue Año Nuevo para la mitad del mundo.
Para los asiáticos comenzó el nuevo año conocido también como Festival de Primavera, siendo el 4710 del calendario lunar.
Este período está lleno de celebraciones, visitas familiares, alimentos especiales y fuegos artificiales. Es uno de los festivales más importantes de China y todo el mundo lo celebra, sobre todo durante los tres primeros días del festival.
El 2012 es el año del dragón. Los animales representan los doce signos zodiacales que,por orden son:Rata, Buey, Tigre, Conejo, Dragón, Serpiente, Caballo, cabra/Oveja, Mono, Gallo, Perro, y Cerdo o Jabalí.
Mira en este dibujo que animal representa tu año de nacimiento.
¡BOMBEIROS POR UN DÍA!
12 dic
Despois da visita dos bombeiros o día do simulacro no cole, quedámonos con ganas de saber máis cousas sobre o seu traballo e, por iso, decidimos devolverlles a visita.
Ensináronnos todo o que levan nos camións e para qué sirven, os seus uniformes…
Subímonos os camións e ata nos deixaron probar os seus cascos que, por certo, ¡pesaban un montón!

Fixemos un pequeno percorrido, simulando un incendio para poñernos en situación.
Tamén nos fixeron unha demostración coas ferramentas que teñen para abrir os coches accidentados, cando alguén se queda atrapado dentro.
E puidemos ver a boa forma física dalgunhas profes
Dende aquí agradecémoslles o tempo que nos adicaron ensinándonos algunhas das moitas cousas que fan.
REPICAN AS CAMPAÍÑAS
9 dic

O claustro de Laredo agradece o esforzo,traballo,orixinalidade e creatividade por parte das familias. As campás realizadas por tod@s repican e soan na entrada do centro alegrando as festas que están a piques de comezar.
Moitas grazas de novo e invitámosvos a contemplar os vosos estupendos traballos.
O DÍA DA MÚSICA
2 dic
O día 22 de novembro, está adicado a Santa Cecilia, patroa dos músicos. Por iso, dende o colexio tamén fixemos unha pequena celebración na que contamos coa actuación de FROLES MARELIÑAS.
Algúns dos seus compoñentes explicáronnos un pouco da historia do baile galego, así como tamén os diferentes instrumentos que se poden utilizar.

Tamén contamos coa actuación estelar da nosa mestra Ángeles, que nos animou tocando a gaita.
E xa para rematar, algúns dos nosos compañeir@s, cantaron e bailaron.
GRACIAS A TODOS!!!!!!. PASÁMOLO MOI BEEEEENNNNN!!!!!!!
A COMER CASTAÑASSS!!!!!
24 nov
O día 17, os nenos e nenas celebramos o Magosto. Para asar as castañas contamos coa axuda dos maiores do cole.
Todos os nenos estivemos agardando a que as mestras as repartisen e para iso esperamos sentados.


Os mestres non se quedaron atrás, comeron castañas como os que máis.
Pasámolo moi ben, xogamos, comemos e disfrutamos desta festa.


Unha visita de emerxencia!
23 nov
Venres, 17 Novembro.
10:00 am.
Ringggg… ringggg … ringggg
Tres avisos, desaloxo de emerxencia!
Saímos rápido e ordenadamente. Nas escaleiras cruzámonos con bombeiros, no patio están os seus camións… Pero que ocorre no colexio?
Tranquilos, nada grave! Unha visita moi especial e… de emerxencia!
Oscar e Raúl, bombeiros do concello, viñeron a darnos unha charla na que aprendimos como debemos actuar nun incendio e tamén o máis importante dos primeiros auxilios.
Logo, no patio, mostráronnos os seus traxes e as distintas ferramentas que empregan nas súas intervencións: bomba hidráulica, coxín de aire, serra de cadea…
E ós máis grandes, deixáronnos experimentar coa mangueira e subirnos ós camións.
Pasámolo moi ben! Foi unha experiencia moi interesante e que dende aquí queremos agradecer a Oscar e Raúl.


































