ARTESANS S.C.
A cooperativa Artesans S.C. está formada por todo o alumnado do terceiro ciclo de primaria. O alumnado de sexto nivel, que participa na cooperativa por segundo ano consecutivo é o máis antigo e, por tanto, actúa un pouco coma guía do alumnado que está en quinto curso, que inicia a súa andaina neste mundo da cooperativa escolar.
O obxectivo da cooperativa parte desa desexable sociedade do coñecemento que forman tanto os cidadans adultos como a poboación dos máis pequenos. Para éstes últimos, o que ven propoñendo, de forma contundente, a política dos “27”, é a necesidade obrigada de inculcar a cultura emprendedora nas idades máis temperás.propiciando a cooperación escolar para que aprendan uns doutros, no marco dunha educación global e integradora
Consideramos que a posta en marcha deste proxecto, axuda a traballar o desenvolvemento destas competencias:
- Competencia lingüística: a utilización da linguaxe coma instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade.
- Competencia matemática: que os elementos e razoamentos matemáticos se utilicen para enfrontarse a aquelas situacións que o precisan, tentando promover a utilización da actividade matemática en contextos o máis variados posibles.
- Competencia no coñecemeento e a interacción co mundo físico: favorecer o espírito investigador, a través da análise sistemático e indagación científica, identificando e plantexando problemas relevantes, así como permitindo a busca de solucións.
- Tratamiento da información e competencia dixital: que o alumnado se familiarice co dito mundo, mediante a utilización das TICs, como recurso didáctico innovador e con múltiples posibilidades didácticas.
- Competencia social e cidadá: comprender a realidade social na que se vive, cooperando, convivindo e exercendo cidadanía democrática nunha sociedade plural, faremos especial fincapé nas habilidades sociais.
- Competencia cultural e artística: que o conxunto de destrezas que configuran esta competencia, conleve á habilidade para apreciar e disfrutar coa arte e outras manifestacións culturais.
- Competencia para aprender a aprender: tomar conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, a través de experiencias de aprendizaxe, tanto individual coma colectiva.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal: ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.
Objetivos concretos do proxecto son:
- Fomentar a cultura emprendedora en idades temperás para desenvolver coñecementos e capacidades emprendedoras.
- Desenvolver accións dirixidas ó impulso emprendedor do alumnado, con métodos diferentes
- Fomentar actitudes de traballo cooperativo e de pertencia a un grupo. Aprender a valorar as opciones dos demáis.
- Potenciar a autoestima, para favorecer a iniciativa persoal e a toma de decisións.
- Utilizar a cultura emprendedora para o reforzo das competencias básicas curriculares, a través de aprendizaxes innovadores.
- Coñecer as normas de funcionamiento grupais e desenvolver hábitos de conciencia emprendedora referidos á empresa u outro tipo de asociación.
- Iniciar ós alumnos e alumnas na identificación e coñecemento dos elementos e principios básicos de marketing, publicidade e contabilidade.
- Deenvolver o proxecto de cultura emprendedora en relación coas distintas áreas curriculares, favorecendo a interdisciplinariedade.
- Inculcar no alumnado os valores de igualdade, solidaridade, cooperación e convivencia a través da Cultura emprendedora.
|