O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do colexio ten como obxectivo fundamental a promoción da utilización do galego entre a comunidade educativa. Para elo, cada curso escolar, programa unha serie de actividades tendentes a lograr este fin.
O proxecto programado para cada ano escolar pretende ser a continuación do proxecto de Dinamización e Normalización Lingüística levado a cabo os anteriores anos, sensibilizados polo pouco emprego do noso idioma entre o alumnado. Parte da necesidade apreciada dende o noso centro de dar “valor” ao galego como idioma e cultura.Queremos darlle un impulso ao coñecemento e emprego do galego, para que conte en igualdade de condicións, o mesmo que a nosa outra lingua oficial, o castelán.
Obxectivos Xerais:
A LONGO PRAZO
-
Utilizar preferentemente o galego como lingua vehicular da comunidade educativa.
-
Dominar as ferramentas informáticas como necesidade de traballo actual e de futuro.
-
Crear os suficientes recursos informáticos (CD, DV, arquivos, xogos eta.) para que a cultura da zona sexa de fácil acceso para todos os usuarios que o soliciten.
A CURTO OU MEDIO PRAZO
-
Concienciar toda a comunidade educativa da necesidade de falar a nosa lingua para que siga sendo unha lingua viva.
-
Facer fincapé na importancia e na obriga da oralidade entre os alumnado nas clases onde as materias están programadas en galego.
-
Darlle a mesma importancia á lingua galega e ao castelán, en todo caso, facer esforzos especiais para acadar os obxectivos do Plan xeral de normalización.
-
Ampliar o campo do uso da lingua galega no currículo escolar e na vida cotiá do colexio e da comunidade.
-
Colgar todos os recursos na páxina web do colexio.
-
Informar os pais dos obxectivos do Plan xeral de normalización e do proxecto de innovación e da necesidade da súa implicación para acadar os ditos obxectivos.
-
Motivar os rapaces, valorando primeiro a expresión oral en todos os contextos posibles.
Premendo AQUI pódese ver o Proxecto de Dinamización e Normalización Lingüística do curso 2013-2014 completo.
Premendo AQUI pódese ver o video realizado sobre os xogos populares e tradicionais de Galicia.