![]() |
Este ano, o colexio ten coma eixe central da súa actividade o coñecemento de varias figuras importantísimas das artes; no primeiro trimestre traballamos a figura do escritor Miguel de Cervantes e no segundo trimestre traballaremos a figura do pintor Pablo Picasso (neste ano cúmprense oitenta anos da primeira exposición do Guernica, unha das súas obras máis importantes). Para celebrar o entroido co colexio, decidimos disfrazarnos de elementos da obra de Picasso, de pintores, de botes de pintura, etc; todo tendo coma referencia Picasso e a pintura. As diferentes comparsas do colexio se disfrazaron de:
O bo tempo premitíunos realizar o desfile polas rúas de Campelo, o que dou moitísmo dinamismo e vivacidade ao mesmo. Ao remate se entregaron os presentes que “Picasso”, este ano, trouxo para os diferentes niveis. Premendo EIQUI pódese ver unha peguena galería de fotografías da actividade. Premendo EIQUI pódese ver un video sobre esta actividade. |
|