DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA ENTRE O ALUMNADO

Curso 2016-2017: O colexio, dentro da súa programación de actividades de cara ó fomento dunha vida saudable e unha alimentación equlibrada; participa na acción proposta pola Consellería de Medio Rural e  do Mar e coordinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco dos Plans Proxecta.

As acións concretas comenzaron con actividades de concienciación sobre alimentación equilibrada e consumo responsable; e,no mes de febreiro, coa I Xornada de Froita Fresca no colexio. Realizaranse tres semanas de consumo de froita fresca e se completará coa actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" na que se fomenta o consumo de conservas de pescado nos bocadillos. Aqui tedes desglosada a primeira das actividades:

  • Na semana do 6 oa 10 de febreiro de 2017, se levou a cabo a I SEMANA DA FROITA FRESCA NO COLEXIO. Para esta primeira semana de promoción da froita fresca tivemos mazás, plátanos e mandarinas. Premendo AQUI podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica desta acción. Premendo AQUI podedes descargar o folleto informativo que se repartiu a toda a comunidade educativa, Premendo AQUI podeder ver o video realizado durante a actividade.
  • No mes de marzo, unha das nais de 4º de educación infantil impartíu un obradoiro de cociña para este alumnado, afondando na importancia de comer de forma equilibrada e sa e probar todos os alimentos antes de dicir que non lle gusta. Aqui tedes un video da actividade.
  • No mes de abril, traballamos a alimentación equilibrada a través da semana de froita, realizando batidos de fresa para o alumnado de educación infantil. Aproveitamos a actividade para traballar a división. Aqui podedes ver un video da actividade.
  • Durante a semana do 24 ao 28 de abril se levou a cabo a II Semana da Froita na Escola. Durante esta semana tivemos mazás, plátanos e fresas. Aqui podedes descargar o folleto informativo. Durante esta semana tamén se realizaron obradoiros de alimentación equilibrada para o alumnado de educación infantil.
  • Durante a semana do 22 ao 26 de maio se levou a cabo a III Semana da Froita na escola. Para esta semana tivemos mazás, plátanos e fresas. Presentamos información sobre cada unha das froitas que comimos durante este curso. Aqui podes ver ou descargar a información sobre: MAZÁS, LARANXAS E MANDARINAS, FRESAS e PLATANOS. Aqui tedes un video sobre as súas últims semanas de distribución de froita.