PROXECTO POLIÑO

Inicio
Atopamos, na clase, unha cáscara de ovo nun cesto, cunha carta dentro dunha incubadora.
Lemos a carta, observamos e buscamos información sobre a incubadora, Que é?, para que serve?, a que se parece?...
Colocamos duas ducias deovos na incubadora. Son de tres cores xa que proceden de galiñas de razas diferentes (araucana, parda e pinta).
Proceso
Diariamente marcamos nun calendario o día, contamos os que fallan e os que pasaran, observamos o movemento dos porta ovos, controlamos a temperatura e a humidade dos termómetros,…
Aos poucos días, coa axuda dunha lanterna observamos o embrión do ovo, para ver si estaban fecundados ou non (ovoescopia).
Por fin, aos vinteun días, comenzou o nacemento; poidemos observar como rompían o cascarón co pico e o gran esforzo que tiñan que facer para liberarse dél.
Cando se secaban as súas plumas pasábamolos a outra caixa cunha lámpada e auga para que comenzaran a beber.
Durante todo o día foron naiendo poliños, os nenos e nenas observaron con fascinación e interese o nacemento de tres poliños en direto, logo simplemente achegábanse de vez en cando para interesarse pola evolución.
Ao longo da semana responsabilizaronse do coidado dos mesmos, non soamente dándolles de comer e beber, senón tamén os observaban a través da ventana da caixa, lles ensinaban contos, inventaban nomes e cancións,… todo elo facíanno non só con gran interese, senón con responsabilidade e coidado.
Aprendizaxe
Coa observación do nacemento e coidado dos animais, os nenos enenas aprenden o respeto á vida, desenvolvendo actitudes de colaboración, responsabilidade e autocontrol (non gritaban, non empuxaban, non tiraban cousas para non lastimalos,…)
Además do respeto e coidado da natureza aprenderon:

MATEMÁTICAS
CONTAMOS
• Días que fallan para nacer.
• Días que levan os ovos na incubadora.
• Ovos de cada cor.
• Poliños de cada cor.

CALCULAMOS:
• Sumas: xuntamos ovos segundo as súas cores, poliños segundo as súas cores, números totais,…
• Restas: quitamos ovos que non tiñan embrión ao non estar fecundados.


CLASIFICAMOS:Ovos e polliños segundo razas e cores.


REXISTRAMOS:
• Rexistro de días no calendario.
• Rexistro de ovoescopia.
• Rexistro de naceimentos.
• Porcentaxe de nacementos.


DATOS RESULTATOS:
• Seis ovos non estaban fecundados.
• Un morreu ó nacer, non foi quen de sacar a cabeza do cascarón.
• Dezasete naceron, sendo: oito de cor gris, seis de cor negro e tres de cor amarelo.
• A porcentaxe de nacementos foi do 95%.


LECTO-ESCRITURA
Escoitamos, lemos, escribimos, debuxamos,… contos, adiviñas, cancións,… relacionadas cos poliños. Recopilamos o aprendido nun pictograma. Buscamos en libros, no ordenador,…

Preparamos varias presentacións en diferentes formatos: