![]() |
RECÍCLATE CON SOGAMA "Recíclate con Sogama" é un programa para fomentar a recollida selectiva a través de illas de reciclaxe escolares que Sogama facilitará aos centros participantes. O profesorado contará con formación inicial nas dependencias de Sogama en Cerceda (A Coruña), con recursos didácticos en soporte dixital e con material divulgativo de apoio para a creación dun proxecto interdisciplinar e cooperativo centrado na actividade diaria de separación do lixo por parte do alumnado participante. Iniciamos as actividades do curso 2012-13 coa colocación en todas as aulas do centro das bolsas de reciclaxe, para a separación do lixo xerado diariamente.
Tamén colocamos as dúas illas de recollida selectiva do colexio; unha en cada planta do edificio.Así será máis fácil valeirar o lixo das aulas.
A "patrulla ecolóxica" do colexio, (formada por alumando do 3º ciclo de primaria) controlará, durante os recreos a boa utilización dos contedores exteriores, para que sexan utilizados correctamente por todo o alumnado. Eiqui podedes ver as fichas de control. O alumnado de 6º nivel controlará o contido dos contedores das illas de reciclaxe de maneira que en cada un deles se deposite o lixo axeitado. Eiqui podedes ver a ficha de control. Se queredes podedes xogar a algún dos xogos didácticos que temos subidos á nosa web: RECICLAXE, RECICLED PLEASE . Esperamos que vos gusten. O pasado martes día 19 de febreiro o alumnado do terceiro ciclo visitou as instalacións de SOGAMA, en Cerceda. Comenzamos a visita cunha charla para todo o alumando no salon de actos en donde se nos explicou o funcionamento da planta de Cerceda e a forma na que se tratan os residuos sólidos urbanos de toda Galicia. Eiqui podedes ver unha reportaxe fotográfica da visita. O mércores día 10 de abril se levou a cabo no colexio a actividade "O Trivial Xigante dos Residuos". Durante dúas horas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, estiveron participando no xogo. Algunhas das preguntas resultaron un pouco difíciles pero a actividade en xeral foi moi boa e divertida. Eiqui tedes unha reportaxe do xogo. |