![]() |
O colexio conta con dúas seccións bilingües de inglés en educación física. Este proxecto, aprobado pola Dirección Xeral de Centros e Innovación Educativa, consiste en impartir a materia de educación física en inglés no terceiro ciclo de primaria. O obxectivo prioritario é o de practicar o idioma extranxeiro en situacións reais de comunicación. Nesta sección temos preparadas unha serie de actividades para realizar ao longo do curso e que servan de complemento para as clases. Premendo EIQUI poderás acceder ás actividades da sección bilingüe. Ademáis, durante este curso, temos no colexio, con nós, un auxiliar de conversa (un rapaz estadounidense) para facilitar que o alumnado se exprese en idioma extranxeiro de xeito oral. Con él falamos de moitísimos temas, sempre en inglés, e tamén no desenvolvemento das dúas seccións bilingües. A anterior auxiliar de conversa preparounos unha presentación sobre como se celebra Halloween nos Estados Unidos, recordade que esta festa é case igual ó noso Samín. Podemos ver esa presentación se prememos EIQUI. O pasado mércores día 15 de maio de 2013 se realizou no centro unha actividade con tres dos auxilares de conversa que están nos colexios de Poio. A actividade tivo por título "A different day" e consistiu na realización de diferentes xogos propostos polos auxiliares para todo o alumnado, ademáis de un video realizado por eles mesmos sobre diferentes contumes dos seus países e varias presentacións sobre o mesmo tema. Resultou unha xornada moi positiva na inmerción lingüística do alumando na lingua inglesa. Temos aqui unha pequena reseña na prensa local.
|