O xornal do colexio ten unha antigüidade de catorce anos, comenzou a súa andaina no curso 1993-1994 e dende entón é unha canle de comunicación entre toda a comunidade escolar, á vez que un escaparate das actividades realizadas polo alumnado durante o ano lectivo.

Saen dous números cada curso, cunha tirada de cento cincuenta exemplares de cada número.O primeiro recolle as actividades do colexio ata o mes de decembro e comprende o inicio de curso, o magosto, as primeiras saídas complementarias e o Nadal. O segundo amosa as actividades do centro dende o mes de xaneiro ata o final do curso, e mostra o Día da Paz, o Entroido, a Semana Cultural das Letras Galegas, o traballo efectuado na Rede Europea de Educación do Consumidor, a festa de fin de curso, e as saídas complementarias feitas neste período.

Ademais conta con seccións novas cada curso. A partires do curso 2009-2010, temos unha sección para falar do proxecto "Aprender a emprender II " que estamos a levar a cabo cos colexios Alto Nalón de Asturias, Oleana de Valencia e Villalva de la Sierra de Cuenca; outra para falar do proxecto europeo Comenius, que estamos a facer coa Zakladna Skola de Piestany, en Eslovaquia e coa EBI de Apulia en Portugal, e unha sección de consumo responsable.

CURSO 2012-2013. A partires do curso 2012-2013 o xornal A Gamela terá somentes formato dixital. Se queredes visulizalo deberedes premer enriba del.

Terá novas seccións e pretendemos que sexa un lugar de encontro de toda a comunidade educativa e que a través del podades estar ó día das actividades que se desenvolven no colexio..

Premendo EIQUI poderedes aceder ó XORNAL A GAMELA do curso 2013-2014.

As revistas se poden descargar premendo enriba. Necesítase un visor de arquivos PDF. Dado o elevado tamaño do arquivo e aconsellable emprega-lo botón dereito do rato e escolle-la opción "guardar destino como".